Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda ratifica o seu rexeitamento ao emprego de herbicidas químicos e glifosato

O Concello da Guarda lembra novamente ás administracións encargadas da limpezas destes viarios públicos, que dita práctica está prohibida polo Concello da Guarda

O Concello da Guarda lembra novamente ás administracións encargadas da limpezas destes viarios públicos, que dita práctica está prohibida polo Concello da Guarda

Fecha: 06 de Septiembre de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O Pleno da Guarda aprobou, con 10 votos a favor e 7 en contra na sesión do 1 de abril do ano 2016, unha moción contra o uso non agrario de herbicidas, tendo en conta que o glifosato é un axente «probablemente canceroxénico para os seres humanos» segundo a Axencia de Investigación do Cancro (IACR).

Ante a constancia de que, no mes de xuño do presente ano, as brigadas de mantemento de estradas desprazadas ata o Concello da Guarda, empregaron este tipo de substancias tóxicas, lembramos novamente ás administracións encargadas da limpezas destes viarios públicos, que dita práctica está prohibida polo Concello da Guarda a través da citada moción.

Nesta moción, considerase que a aplicación de herbicidas químicos para os usos non agrarios nos espazos de uso público, estradas ou redes de servizo na totalidade do termo municipal queda prohibida e deben ser substituídos por métodos non químicos, unha decisión que está avalada pola lexislación europea, a través da Directiva 2009/128/CE do Parlamento Europeo para un "Uso Sustentable dos Pesticidas", que no seu capítulo IV contempla a prohibición de herbicidas nestes espazos, e do Real Decreto 1311/2012 do 14 de setembro, que en harmonía coa Directiva do Parlamento Europeo establece no capítulo I, a capacidade da administración competente.


En España o Real Decreto 1311/2012, de 14 de setembro, establece que a actuación para o uso sostible dos produtos fitosanitarios no territorio español, sinala que: "a administración competente en cada caso pode aplicar o principio de cautela limitando ou prohibindo o uso de produtos fitosanitarios en zonas ou circunstancias especificas» e que ademais «os órganos competentes establecerán para os seus ámbitos territoriais medidas para informar e sensibilizar en especial referencia aos riscos resultantes do seu uso e posibles efectos agudos e crónicos para a saúde da poboación, os organismos no obxectivo ...así como sobre a utilización de alternativas non químicas...»


Desde xeito dende o Concello da Guarda recórdase a existencia de alternativas viables ós herbicidas químicos para o control de vexetación non desexada mediante métodos mecánicos ou térmicos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones