Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda recibe máis de 89.000 ? do Plan Concellos para a realización de tres novas actuacións na vila

57.866,99 ? para a urbanización da baixada San Caetano entre os números 2 e 12, 21.700,62 ? para a urbanización do entorno Cruceiro Pinto e 9.559 ? para a adquisición dunha máquina de limpeza a presión

Ata este momento, o Plan Concellos 2018 xa entregou 498.264,71 ? do total destinado á Guarda, isto é, 36.94%.

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Junio de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolucións presidenciais, tres axudas ao concello de A Guarda por un valor total de 89.126,61 € ao abeiro do Plan Concellos 2018. Trátase, nesta quenda, das seguintes actuacións: 57.866,99 € para a urbanización da baixada San Caetano entre os números 2 e 12, 21.700,62 € para a urbanización do entorno Cruceiro Pinto e 9.559 € para a adquisición dunha máquina de limpeza a presión. As tres actuacións atópanse enmarcadas na liña 1, a de investimentos, do Plan Concellos 2018.

Ademais destas cantidades, o Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o concello. En concreto, 169.595,78 euros na liña 1 para a reposición do céspede no campo de fútbol A Sangriña. Ademais, a Deputación de Pontevedra adxudicou 74.842,73 € na liña 2 para financiar a campaña de dinamización do comercio, a XI Gala do Deporte, a tirada de fogos na Festa do Monte, a campaña de mobilidade, o material de turismo, a exposición "Así Somos", Galiforniabeat, a Feira do Libro, a Feira de Emprego, o campus deportivo de verán, visitas teatralizadas, actividades culturais, andainas e noites no castelo . E tamén, outros 164.699,59 € foron destinados á contratación de 18 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 do Plan de Concellos 2018.

Ata este momento, o Plan Concellos 2018 xa entregou 498.264,71 € do total destinado á Guarda, isto é, 36.94%.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones