Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda recibirá 86.017,69? ao abeiro do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra

Coa concesión destas axudas a Deputación leva investidos case 2,3 millóns de euros dentro da liña 2, destinada a amortización, pagamento de débedas e gasto corrente

Coa concesión destas axudas a Deputación leva investidos case 2,3 millóns de euros dentro da liña 2, destinada a amortización, pagamento de débedas e gasto corrente

Fecha: 02 de Mayo de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

O GOBERNO DE CARMELA SILVA APROBA NOVAS AXUDAS DE PRETO DE 300.000 € PARA CATRO MUNICIPIOS Ó ABEIRO DO "PLAN CONCELLOS 2017"

Coa concesión destas axudas a Deputación leva investidos case 2,3 millóns de euros dentro da liña 2, destinada a amortización, pagamento de débedas e gasto corrente

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar preto de 300.000 € ao abeiro do "Plan Concellos 2017", correspondente á liña 2 destinada á amortización, pagamento de débedas e gasto corrente, así como os gastos derivados da realización de actividades culturais, deportivas e sociais. En concreto, as axudas, que ascenden a 294.408,72 € foron destinadas aos concellos da Estrada, A Guarda, Moaña e Ponteareas.

No caso da Estrada a achega é de 28.079,80 € para a organización do "Outono no Principal". Os 86.017,69 € aprobados para o concello da Guarda repartiranse entre a campaña informativa do regulamento de lixo, o pago de facturas de electricidade, actividades e exposición con motivo do centenario de Masat, actividades culturais "Viva A Guarda" e o Entroido, X Gala do Deporte, Campus de Verán Deportivo, material turístico, o programa "Noites no Castelo", as andainas 2017, o programa de visitas teatralizadas, a escola municipal de baloncesto e a tirada de fogos da Festa do Monte.

Moaña recibirá 144.811,23 € para gasto corrente novo, en concreto para o servizo de limpeza viaria, e Ponteareas 35.500 € para actuacións de desbroce na rede viaria municipal e a I edición da Feira do Libro do concello.

A Deputación de Pontevedra, con esta última aprobación realizada en Xunta de Goberno, leva investidos xa preto de 2,3 millóns dos 6.180.000 € previstos este ano para a liña 2, un 37,2% do total do Plan .

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones