Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Guarda recibirá este ano case 800.000 euros do Plan Concellos da Deputación

No ano 2016, o Goberno de Carmela Silva destinou en total a este municipio case un millón de euros

O Plan da Deputación para 2017 achega unha media dun 3% máis de cartos aos concellos da provincia, sendo A Guarda, cunha suba de case 53.000 euros, un dos máis beneficiados

Fecha: 16 de Enero de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra achegará en 2017 un 7,43% máis de recursos ao Concello da Guarda no marco do "Plan Concellos", un incremento que vén dado polas novas bases do plan, que teñen por obxectivo beneficiar os concellos máis pequenos da provincia. Deste xeito, este municipio da comarca do Baixo Miño recibirá un total de 765.965,35 €, 52.996,09 euros máis que en 2016, ano no que xa tivo un 30% de incremento respecto do 2015 (o que se traduciu en 164.699,30 € máis). Á marxe do Plan Concellos, A Guarda recibirá este ano outras axudas e subvencións, enmarcadas nas diferentes áreas de actividade da Deputación de Pontevedra, ás que o Concello poderá concorrer.

Investimentos totais durante 2016

Durante o ano 2016 a Deputación de Pontevedra destinou á Guarda case un millón de euros, 989.204,05 euros, dos cales 712.969,26€ correspondéronse co "Plan Concellos 2016". Ademais, a institución provincial investiu 103.390,63 € en cohesión social e xuventude, 24.106,83 € en cultura e lingua, 38.891,52€ para o fomento do emprego, 21.292,75 €para o impulso do deporte,7.132,49 € para a igualdade entre mulleres e homes e 4.666,96 para medio ambiente.

En concreto, a través da liña 1 do "Plan Concellos", investíronse 419.296,87€ destinados para o pavillón de Solanas e o seu equipamento deportivo, aforro enerxético na iluminación pública, ampliación do parque infantil da Alameda, parque de San Lourenzo, mobiliario urbano, Praza de Abastos, adquisición dunha varredora, Castelo de Santa Cruz, mobiliario da Casa dos Alonsos, reparación do campo de fútbol municipal e o proxecto de rehabilitación e construción dun miradoiro.

Na liña 2 destináronse euros a amortizacións. Ademais,recibiu 26.689,50€ na liña 3 para o Entroido 2016, Noites do Castelo 2016, Exposición 2016, Feira do Libro 2015, Andainas 2016, Torneo de xadrez, Atletismo na natureza 2016 e a IX Gala do Deporte 2016.Grazas á liña 4,creáronse24postos de traballo nos servizos municipais, cun investimento de 160.037,50€.Así mesmo, destináronse 13.333,32 para o sendeiro azul da Guarda; 1.407,63 euros para o convenio entre a Deputación e os concellos da Guarda, O Rosal e Oia para a sinalización da Ruta BTT do Suroeste; 3.621,95 euros para o plan de equipamentos deportivos e 58.390,80 euros para o II Plan de Emprego.

Á marxe do "Plan Concellos 2016",A Guarda recibiu 24.106,83 € para o fomento da cultura e a lingua, con 42actuacións do Pontegal e do Ano Castelao, así como coas axudas á rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-culturale as axudas á dinamización lingüística. Tamén se destinaron 103.390,63€ para cohesión social e xuventude, ben a través dos servizos sociaiscomunitarios e especializados, as axudas básicas de emerxencia ou ben mediante os programas"En Ruta coa Depo", "DepoTermal", "Tecendo lazos", "Depo en Marcha", "DepoRúarte" e"Depo Aventura A Lanzada", no que participaron30 nenas e nenos do concello.

Do mesmo xeito, A Guardarecibiu21.292,75 € para o deporte federado de base, a Copa de fútbol Deputación de Pontevedrae diversas actividades deportivas e as escolas deportivas provinciais, así como 38.891,51 € destinados ao fomento do emprego a través dos Plans de Práctica Laboral, que están a permitir que catropersoas poidan desenvolver a súa primeira experiencia laboral no Concello da Guarda. Tamén se achegaron 7.132,40€ para o fomento da igualdade a través do programa "Conectadas 2016", as axudas aos concellos de menos de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a prevención da violencia machista eoutros4.666,96 euros destinados á Confraría de Pescadores Santa Tecla da Guarda, para investimentos na lonxa e vixilancia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí