Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda recoñece ao fotógrafo joaquín garcía ?costiña- como pioneiro do cinema cun abano de actividades

Unha exposición da Casa dos Alonsos inaugurarase o venres 22 de xuño, acompañada dunha proxección nocturna na Praza do Reló

Un libro dedicado á vida e obra do Costiña contará coa participación de especialistas

Fecha: 22 de Julio de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

O Concello da Guarda, en colaboración co Proxecto Socheo, deseña unhas actividades arredor da figura e máis da obra do fotógrafo guardés Joaquín García Portela, máis coñecido polo alcume do "Costiña".

O venres 22 de xuño, ás 21 horas, inaugurarase unha exposición na Casa dos Alonsos que leva por título Camiños da Imaxe, que chegará acompañada por unha proxección nocturna na Praza do Reló, ás 22:30 horas.

Proxecto Socheo comisaría esta exposición na que se pretende render homenaxe ao "Costiña".

Joaquín García foi un dos fotógrafos máis lembrados na vila na que viviu entre os anos 1894 e 1957. Na exposición atoparemos imaxes que fixo a veciños da Guarda e da súa contorna, obxectos e fotografías persoais do fotógrafo que ilustrarán a súa biografía e poderán verse os seus filmes familiares.

O achado, estudo e posterior dixitalización destes filmes motiva este programa de actividades arredor do Costiña. Foron realizados entre os anos 1926 e 1929 e, ata o día de hoxe, supoñen as primeiras películas filmadas na Guarda e por un guardés.

Atopámonos así ante o pioneiro do cinema na Guarda. No seus filmes poderemos ver escenas familiares na casa que o fotógrafo tiña en Mazaracos, escenas do campo filmadas no Castro, as festas de setembro da Guarda e imaxes do barrio da Marina. Son imaxes cun forte carácter etnográfico, unha consideración que fai destas imaxes uns documentos patrimoniais de grande magnitude.

Beli Martínez, produtora da exposición, sinala que "será unha exposición chamada a ser degustada con calma, para viaxarmos no tempo pola historia da Guarda. Será unha porta a través da que poderá escoitarse a chamada dos nosos antepasados. A maioría das facianas das fotografías non sabemos a quen pertencen, polo que convidamos a todos os guardeses a que entren no proceso que propomos e nos axuden a identificalas".

Este tecido de actividades rematará no mes de novembro cando se faga a presentación dun pequeno libro dedicado a súa vida e a súa obra. Unha publicación na que interveñen especialistas do mundo da fotografía e do cinema como Manuel Sendón, Luis Parés ou Fernando Redondo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones