Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda remata o mes de novembro con moito cinema, deporte, música, obradoiros e actividades para todos os públicos

O concello da Guarda prepárase para as datas de Nadal cuns último días de novembro cheos de opcións e alternativas de lecer e tempo libre para todos os gustos e públicos.

O concello da Guarda prepárase para as datas de Nadal cuns último días de novembro cheos de opcións e alternativas de lecer e tempo libre para todos os gustos e públicos.

Fecha: 26 de Noviembre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

O concello da Guarda prepárase para as datas de Nadal cuns último días de novembro cheos de opcións e alternativas de lecer e tempo libre para todos os gustos e públicos.

Este xoves 24 de novembro, ás 20 horas, a Casa dos Alonsos acolle a última das Charlas sobre Igualdade organizadas pola Asociación de Mulleres Progresistas da Guarda. Este ciclo de charlas rematará coa ponencia que leva por título "En busca dunha sociedade máis xusta".

O venres 25 proxectarase no Centro Cultural, dentro da campaña Invernos de Cine, ás 21 horas, a película "El abuelo que saltó por la ventana y se largó". Esta é unha comedia sueca que narra as incribles aventuras dun home de cen anos que non quere deixar de vivir a súa vida ao máximo.

O sábado día 26 ven cargado de actividades para todos os públicos. Pola mañá o recinto do Cámping Santa Tecla acollerá a partir das 10:30 horas a proba de Campo a través na que participan alumnos de colexios e clubs deportivos do Baixo Miño.

Xa pola tarde se celebrará o Obradoiro de decoración "Un adorno para o Nadal Guardés" na Casa dos Alonsos, dende as 15:30 ás 18:30 horas. A cargo do obradoiro estará Maite Lomba, interiorista de Agarimo Interiores, que ensinará aos comerciantes e veciños que queiran acudir a realizar o seu adorno navideño para decorar as fachadas de comercios, casas e portais de veciños da vila. Todos os que desexen saber máis teñen á súa disposición dous vídeos titoriais colgados na páxina do Concello da Guarda e no Facebook de Cultura, tanto para saber que materiais necesitarán para o obradoiro como para poder realizar o adorno dende a casa.

Tamén o sábado temos outra sesión de cine no Centro Cultural da Guarda. Neste caso a película que se poderá ver é "Rango", filme de animación que seguro fará as delicias de toda a familia o sábado ás 17:30 horas. Xa para rematar un día tan completo, non podía faltar a musica. A Igrexa Parroquial acolle ás 20:30 horas o Concerto de Santa Cecilia organizado pola Banda de Música Agrupación Musical de A Guarda. Ademais da actuación da agrupación, tamén contará coa participación da Coral Polifónica da Guarda.

Por último, a fin de semana chega á súa fin o domingo 27, día no que se celebra a terceira edición do Trail do Trega que comeza ás 10 horas con saída no Centro Cultural.

Dende o concello agradécese a todas as persoas que fan posible ofertar tantas e tan variadas actividades e espérase que os veciños e veciñas da Guarda se animen a asistir ás alternativas que ofrece a vila para esta última semana do mes de novembro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones