Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda renova o Compromiso de Calidade Turística SICTED

A renovación deste distintivo entregarase no transcurso da Gala de Turismo que se celebrará no vindeiro mes de marzo.

A renovación deste distintivo entregarase no transcurso da Gala de Turismo que se celebrará no vindeiro mes de marzo.

Fecha: 25 de Enero de 2019

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda ven de recibir a notificación da concesión un ano máis do distintivo do Plan de Calidade SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos). Unha vez celebrado na Secretaría de Estado de Turismo o Comité de Distinción o pasado día 15 de decembro, no que se analizan os resultados da avaliación final, envorcados a través da plataforma informática, os requisitos obrigatorios que se debían cumprir en canto a formación, participación en grupos de mellora, autoevaluación, etc., así como a participación e involucración no Plan de Calidade SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos), o Concello da Guarda resultou novamente distinguido co "Compromiso de Calidade Turística".
 
A renovación deste distintivo entregarase no transcurso da Gala de Turismo que se celebrará no vindeiro mes de marzo.

Este distintivo busca o obxectivo común para todos os que forman parte do destino turístico "Provincia de Pontevedra-Rías Baixas", de crear un destino de calidade para ser competitivo e estar á altura dos principais destinos turísticos.

Neste senso, a Oficina de Turismo Municipal e as praias de Area Grande e O Muíño contan dende 2010 co distintivo SICTED. Este recoñecemento ven acompañado dun plan de mellora continua e novas medidas dirixidas a incrementar a calidade do servizo, polo que os establecementos e servizos deben continuar traballando en prol do desenvolvemento turístico e a satisfacción dos clientes.

Sobre o distintivo
O SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo (SET) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Traballa con empresas e servizos de ata 33 oficios diferentes co obxectivo de mellorar a experiencia e a satisfacción dos e das turistas. Para logralo, o sistema ofrece ás empresas e servizos adheridos un plan de formación, asistencia técnica, obradoiros, grupos de traballo e manuais de boas prácticas.

A obtención do distintivo SICTED implica o cumprimento dos requisitos fixados, e da conta do esforzo e o compromiso coa calidade e a mellora continua, á vez que distingue ao establecemento fronte á competencia. O certificado ten validez bienal, aínda que precisa dunha evaluación anual de seguimento.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones