Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda será sede do Encontro bianual de Embarcacións Tradicionais Mariñeiras de Galicia

Culturmar-Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial elixiu a candidatura de A Guarda para acoller en 2019 esta importante celebración de carácter bianual.

Tras conquerir a sede do Encontro, Piueiro ten agora como obxectivo a botadura dunha embarcación tradicional, en cuxa recuperación xa traballan dende finais de 2017.

Fecha: 18 de Abril de 2018

Fuente: Asoc. Piueiro

A Guarda acollerá do 11 ao 14 de xullo de 2019 a décimo cuarta edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, así o decidiu a pasada semana en asamblea Culturmar-Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. Os colectivos que integran a federación decantáronse finalmente pola candidatura impulsada pola Asociación Piueiro e o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), porque é "unha proposta que pon en valor o binomio río-mar, e que destaca a importancia da tradición marítimo fluvial común coas poboacións do Alto Miño portugués".

Nada máis coñecerse a nova, dende Piueiro agradecían ao pobo de A Guarda a súa colaboración desinteresada para ter acadado o encontro, unha celebración que atraerá ao municipio a milleiros de persoas, ao tempo que servirá de pulo para recuperar unha tradición a piques de desaparecer neste pobo eminentemente mariñeiro.

De feito, para Cultumar foi determinante na elección a posibilidade de "que o evento sirva de pulo para a consolidación dos labores de salvagarda do patrimonio nesta comarca; nunha vila de tradición mariñeira e de gran riqueza patrimonial que mestura as culturas do mar e do río". Asimesmo, se valorou de xeito positivo a "confluencia das ribeiras marítimas do sur de Galicia e do norte de Portugal" no municipio guardés.

Únicamente catro son as gamelas que a día de hoxe quedan activas na Guarda. Revertir esa situación e traballar pola recuperación da mermada flota tradicional é, precisamente, o que se propón Piueiro. Unha asociación creada en 2017 que ten como obxectivo a conquerir antes da celebración da próxima gran festa bianual da cultura marítima e fluvial, a botadura do volanteiro. Unha embarcación en cuxa recuperación xa traballan dende finais do ano pasado os membros da asociación e veciños da Guarda que colaboran coa iniciativa.

Como é habitual, o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia ofrecerá un amplo catálogo de actividades culturais e de lecer en mar e en terra. Exposicións, obradoiros, mostras de artesanía, recitais, concertos, proxeccións audiovisuais, charlas, roteiros e visitas guiadas polos lugares de interés patrimonial da zona. Todas estas accións, nas que se agarda a colaboración de todo o pobo, complementarán ás xornadas de navegación que a organización propón para a lámina de auga marítimo-fluvial guardesa.

A primera xunta directiva de "Piueiro" está constituida polas seguintes persoas:

Presidente: Joaquín Cadilla Castro; Vicepresidente: José Benito Rodríguez González; Secretario: Celso Rodríguez Fariñas; Tesoureiro: Antolín Verde Alonso; e Vogais: Agustín Ferreira Lorenzo, Prudencio T. Núñez González; Antonio Martínez Vicente, Silvia Mª Crespo Campos, Bernardo Lomba Lomba e Francisco Antonio González Durán.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones