Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda sorteou xa 40 carros na Campaña de Mobilidade -A Guarda, todo moi preto-

Os 20 premiados neste sorteo recolleron o seu carro no segundo andar do Mercado da Praza de Abastos da Guarda da man do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e da Concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes

Os 20 premiados neste sorteo recolleron o seu carro no segundo andar do Mercado da Praza de Abastos da Guarda da man do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e da Concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes

Fecha: 04 de Octubre de 2018

Fuente: Concello da Guarda

Este mércores realizouse a entrega dos 20 carros de compra correspondentes ao segundo sorteo realizado entre os clientes do Mercado da Praza de Abastos dentro da Campaña de Mobilidade «A Guarda, todo moi preto».

Os 20 premiados neste sorteo recolleron o seu carro no segundo andar do Mercado da Praza de Abastos da Guarda da man do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e da Concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes, xunto cun plano «Metrominuto», no que se especifican os tempos e distancias entre os principais puntos do casco urbano coma a Praza do Reló, a Alameda, os aparcamentos, as zonas de servizos, entre outros.

A Guarda continúa a promover a mobilidade, o comercio e a dinamización do mercado municipal da Praza de Abastos con sorteos semanais de 20 de carros da compra para que os veciños e veciñas os empreguen para mercar no casco urbano. Cada semana repartiranse papeletas entre os clientes da Praza de Abastos da localidade e realizaranse sorteos de 20 carros semanais ata o vindeiro 22 de outubro.

A Campaña «A Guarda, todo moi preto» abrangue diferentes accións e actividades nos espazos públicos orientadas á concienciación do uso da rúa para a xente, facilitando o movemento a pé polo casco urbano da vila, co emprego das prazas de aparcamento disuaorio postas en marcha nos últimos meses. O obxectivo é ir retirando de xeito paulatino os vehículos da rúa e darlle prioridade aos peóns no centro da vila, cunha filosofía de uso racional dos vehículos, coma o caso da Praza do Reló, tendo coma referencia o proxecto de Francesco Tonucci da Rede Española de Cidades das nenas e dos nenos, da que A Guarda forma parte.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones