Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Guardesa Nadia Vázquez gaña o I Premio no Concurso Solista de cornamusas en Château dArs (Francia)

Nadia Vázquez Martínez naceu en 1996 en A Guarda, onde comezou a estudar gaita no Conservatorio con 9 anos.

Nadia Vázquez Martínez naceu en 1996 en A Guarda, onde comezou a estudar gaita no Conservatorio con 9 anos.

Fecha: 01 de Agosto de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

A guardesa Nadia Vázquez Martínez ven de gañaro pasado 13 de xullo o Primeiro Premio no Concurso Solista de cornamusas (gaitas) en Château d’Ars (Francia), convertendose na segunda galega en obter este recoñecemento e a primeira muller en facelo.

En 1989 Antón Varela (artesán e gaiteiro de moito prestixio que faleceu o ano pasado) gañou o Primeiro Premio desde mesmo concurso. Ata este ano, ningún outro gaiteiro galego volvera gañar. Eu son a segunda persoa galega en gañalo e a primeira muller.

Nadia Vázquez Martínez naceu en 1996 en A Guarda, onde comezou a estudar gaita no Conservatorio con 9 anos. Este curso pasado foi estudante erasmus na universidade LUCA School of arts, Campus Lemmens (Bélxica) onde estudou Musette Barroca co prestixioso Doutor Jean-Pierre Van Hees, un dos maiores especialistas de gaitas do mundo.
Actualmente estuda gaita no Conservatorio Superior de Musica de Vigo con Rebeca Carrera e foi no Conservatorio Profesional de Tui onde obtivo o Premio de Fin de Grado na especialidade de Gaita (2015). A súa carreira complementase con cursos e obradoiros de prestixiosos músicos como Daniel Bellón, Pablo Devigo, Xurxo Fernández, Marcos Campos..


Participou en varios concursos de gaita solista como o recente Concurso Solista de Cornamusas (Francia) onde obtivo o 1° premio, XVII Concurso de Musica Tradicional Xacarandaina, 1° premio (2016), I Concurso de gaita e tamboril de Tui, 2° premio (2015).


Actualmente é membro do grupo Traspés (Vigo). Como solista e membro de outras diferentes agrupacións ten participado en festivais importantes por diferentes países de Europa como Croacia, Francia, Portugal, Bélxica, España...

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí