Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A HISTORIA DA PARROQUIA DE CAMPOSANCOS ATRAE A DECENAS DE PERSONAS NA TERCEIRA ?BARRIOFERENCIA-

Nesta charla, que naceu baixo o nome -O Coto de Camposancos-, falouse da historia e as moitas peculiaridades desta parroquia.

Nesta charla, que naceu baixo o nome -O Coto de Camposancos-, falouse da historia e as moitas peculiaridades desta parroquia.

Fecha: 12 de Mayo de 2015

Fuente: www.aguarda.es

A historia da Entidade Local Menor de Camposancos, na Guarda, foi o tema a tratar na terceira "Barrioferencia" organizada polo Concello. Nesta charla, que naceu baixo o nome "O Coto de Camposancos", falouse da historia e as moitas peculiaridades desta parroquia.

O encargado de abrir a conferencia, que celebrouse na Sociedade "Los Amigos de Camposancos", foi Antonio Lomba, o Concelleiro de Cultura. Lomba recordou ós presentes -máis de corenta persoas- o porqué destas charlas, recalcando que teñen por obxectivo mostrar os veciños e veciñas da Guarda, as historias e os lugares máis descoñecidos da localidade.

O seguinte en tomar a palabra foi Antonio Rodríguez Portela, veciño de Camposancos, o que tras ler o libro "Crónicas de Camposancos" escrito polo sacerdote García Lago, naceulle a curiosidade pola historia destas terras.
Comezou explicando ós presentes, ademais da situación xeográfica da parroquia, o porqué do seu nome. Rodríguez contou que chámase Camposancos, pola cantidade de campos agrícolas e pola palabra "Ancos" que significa cóbado, e é a forma á que se parece a parroquia.

Rodríguez comezou a relatar a historia dende o ano 1145, ano no que as terras de Camposancos formaban parte da Comunidade Relixiosa de Barrantes. Nestas datas as terras eran arrendadas e usadas polos veciños como foros, de ai que nacese o que se coñece polo couto de Camposancos. As terras, afirmou, pasaron despois a ser propiedade do cabildo de Tui, momento no que as terras convertéronse en zonas de aluguer, aínda que os veciños continuaron empregando comunmente algúns espazos.

Os veciños e veciñas de Camposancos, afirmou, loitaron, durante toda a historia polo recoñecemento das súas terras. Primeiro con Barrantes, despois con Tui, tamén coa parroquia de Salcidos e por último co Concello da Guarda, ata conseguir no ano 1925, o título de "Entidade Local Menor".

Pola súa banda, Manuel Ángel Álvarez Pérez, tamén veciño de Camposancos e licenciado en arte, centrou a súa exposición na Igrexa da parroquia, de estilo neoclásico. Esta edificación, contou, comezou a construírse no ano 1816, e non foi ata o 1856, cando remataron os traballos. Álvarez quixo facer fincapé na cantidade de cruceiros dispersos pola parroquia, centrando a súa charla no cruceiro do Couto Saa, no do Viso e no de Salgueiró. Como remate, Álvarez, falou da cantidade de tradicións, lendas e supersticións que existen ó redor dos cruceiros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones