Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A historia en feminino da Guarda percorrerá ata o día 27 de novembro as súas parroquias

Aínda queda algunha praza libre para a última andaina que terá lugar o vindeiro domingo día 27 de novembro.

Aínda queda algunha praza libre para a última andaina que terá lugar o vindeiro domingo día 27 de novembro.

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Noviembre de 2022

Fuente: Concello da Guarda

  • A Guarda pon en valor a figura de diferentes mulleres da vila, tanto anónimas como coñecidas, que destacaron na súa época por rachar cos estereotipos e intentar acadar un espazo dentro dun mundo do que non eran donas.
  • Aínda queda algunha praza libre para a última andaina que terá lugar o vindeiro domingo día 27 de novembro.

 

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, iniciou o pasado venres 14 de outubro a iniciativa “Historias de mulleres guardesas”, unha alternativa de ocio cultural e saudable na que o eixo principal son as historias de mulleres da vila que destacaron nas súas diferentes épocas por diversas razóns. 

 

Despois dos dous roteiros iniciais polo casco urbano, que tiveron unha excelente acollida por parte da cidadanía guardesa, agora é a quenda das andainas, que se iniciaron o pasado domingo día 13 de novembro.

Estas andainas, realízanse en horario de 10:30h a 13:30h (aínda quedan prazas libres para a do 27 de novembro) e saen desde a Alameda da Guarda (8 km de percorrido e dificultade media). Nelas fálase de mulleres de Salcidos e Camposancos, parroquias por onde pasa o percorrido, tendo en conta fundamentalmente os traballos e oficios aos que se adicaban, e lembrando a algunhas persoas que viven ou viviron nestas dúas parroquias, amosando tamén imaxes delas para saber quen foron ou son as protagonistas destas historias.

 

As inscricións continúan abertas para a última andaina na recepción do Concello, chamando ao 986610000 ou no enderezo electrónico conserje@aguarda.es

As actividades son gratuítas e as prazas limitadas.

Actividade subvencionada pola Deputación de Pontevedra

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí