Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A II Mostra asociativa e a Festa das Mercedes, principais atractivos desta fin de semana na Guarda

A Guarda inicia este venres día 14 de setembro o centenario das Festas das Mercedes no barrio da Gándara

A Guarda inicia este venres día 14 de setembro o centenario das Festas das Mercedes no barrio da Gándara

Fecha: 14 de Septiembre de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

A Guarda inicia este venres día 14 de setembro o centenario das Festas das Mercedes no barrio da Gándara da parroquia de Salcidos, unhas festas que se prolongarán ata o 24 de setembro cunha gran actividade cultural, deportiva e de lecer. Por outra banda tamén esta fin de semana realizase na Alameda da Guarda a II Mostra asociativa, que contará coa participación de máis dunha vintena de colectivos e asociacións da vila, nunha xornada de intercambio de experiencias na que elas mesmas serán as protagonistas, poñendo en valor o seu traballo.

Programación por días

Venres 14 de setembro:
O venres 14 de setembro e enmarcado nas Festa das Mercedes, realizarase o pregón da festas a cargo da locutora de radio e comunicadora Beti Rey ás 20:00h na Praza dos Seixiños. De seguido realizarase unha actuación do dúo de violín e saxo Antonio Seijo & Pablo Estelles, con posterior concerto da Agrupación Musical do Rosal e inauguración da Exposición sobre o Centenario da Capela/Santuario das Mercedes no 1º andar da Casa Social O Percamino.

Sábado 15 de setembro:
Na xornada do sábado 15 de setembro a Alameda da Guarda acolle a II Mostra asociativa, un evento que terá lugar dende as 10:30h da mañá e contará cunha ampla programación con diversas actividades, actuacións, obradoiros, xogos, demostracións, exposición fotográfica, photocall, entre outras. Dende o Concello da Guarda convídase a todos e todas a participar nesta actividade e coñecer de primeira man o traballo e esforzo que se leva a cabo dende as diferentes asociacións da nosa vila, nunha xornada aberta á participación da cidadanía e que pretende converterse nun punto de intercambio de experiencias.


Tamén este sábado terá lugar a segunda xornada das Festas das Mercedes no barrio da Gándara, coa III Baixada de Carrilanas ás 16:00h dende A Pobra e a partires das 21:00h o VIII Serán organizado polo grupo de gaitas A Boalleira, no que se obsequiará aos asistentes cun chocolate e biscoito.

Domingo 16 de setembro:
O Domingo día 16 de setembro a programación das Festas das Mercedes chega ao seu terceiro día, destacando a XVIII Carreira Pedestre Popular «Julia Vaquero», que terá lugar ás 11:00h da mañá. Pola tarde ás 17:00h a Agrupación Musical da Guarda ofrecerá un concerto e ás 19:00h o grupo de teatro «Os mellores do grupo» realizarán a representación teatral de «Xénesis».

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones