Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A lectura e a música converxen na Guarda durante a fin de semana

A vila encherase de actividades culturais e lúdicas para toda a familia dende mañá mesmo e ata o luns, Día Internacional do Libro.

A vila encherase de actividades culturais e lúdicas para toda a familia dende mañá mesmo e ata o luns, Día Internacional do Libro.

Fecha: 21 de Abril de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

A Guarda vivirá dende o venres e ata o vindeiro luns uns días de intensa programación cultural, coa celebración das actividades conmemorativas do Día Internacional do Libro e numerosas exposicións en diferentes puntos da vila.

A programación comezará o venres coa entrega dos agasallos a todos e todas as participantes no Certame de Microrrelatos 2018. A partir das 18:00 horas, todos os traballos presentados dentro do concurso serán expostos no Centro Cultural, para que podan ser lidos e gozados por toda a veciñanza.

O sábado, a música e a lectura converxerán, primeiro, coa nova sesión de «Contos contados» na Biblioteca Pública Municipal (11:30 h). Alí, as cativas, cativos e as súas familias poderán participar na lectura da obra «Contos por teléfono» de Gianni Rodari, que contará co acompañamento do saxofonista Néstor Lomba. Deseguido, os petís poderán elaborar un libro-guía de lectura no obradoiro de manualidades.

Xa pola tarde, o salón de actos do Centro Cultural acollerá o espectáculo musical «Vai ser boa!» do grupo Migallas Teatro. A función, baseada no popular disco-libro infantil «Pan de millo», comezará ás 18:00 horas. As prazas son limitadas, polo que as persoas que desexen asistir deberán recoller as súas entradas previamente no Centro Cultural.

Polo Día Internacional do Libro, que se conmemora o 23 de abril, a Biblioteca estrará a «bebeteca», unha nova sección de lectura dirixida aos cativos e cativas de 0 a 4 anos; e, para o resto de lectores, promoverase a iniciativa «Un libro, unha idea». Participar será tan sinxelo como compartir no mural da Biblioteca unha idea persoal sobre a lectura, a cambio da cal recibirán un libro de agasallo.

O horario de apertura da Biblioteca Pública Municipal é de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres e de 10:00 a 13:00 horas os sábados.


Exposicións de escultura e fotografía
Ademais da oferta de ocio ligada á celebración do Día Internacional do Libro, na Guarda teremos ocasión de gozar da arte escultórica e da fotografía. Nesta liña, a mostra «Nado en pedra», da Escola de Cantería de Pontevedra, poderá visitarse no Castelo de Santa Cruz ata o vindeiro 2 de maio (de 10:00 e as 20:00 horas de luns a domingo), namentres a mostra fotográfica «Falan de min, falan de ti», do fotógrafo Aberto Pereiro Lueiro «Holly», permanecerá no Centro Cultural ata o 24 de abril. As imaxes poderán contemplarse en horario de mañá (10:00 a 13:00 h) e tarde (17:00 a 20:00 h) de luns a venres, e os sábados en horario de mañá.

Amais destas, o Concello da Guarda ven de recibir a exposición fotográfica «No colo da esperanza», cedida polo fotoxornalista Felipe Carnotto ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. As imaxes, que retratan a situación de milleiros de persoas que fixen da guerra en Siria, poderán contemplarse na Casa do Concello entre as 8:00 e as 15:00 horas de luns a venres.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones