Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A mostra -GalizAmérica- chega á Guarda o 25 de outubro

A inauguración terá lugar o xoves día 25 de outubro ás 20:00h na Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda e manterase ata o 10 de novembro.

A inauguración terá lugar o xoves día 25 de outubro ás 20:00h na Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda e manterase ata o 10 de novembro.

Fecha: 25 de Octubre de 2018

Fuente: Concello da Guarda

Compila materiais que dan conta do florecemento da cultura galega en América e compleméntase coa proxección do filme ‘A cicatriz branca' de Margarita Ledo e con conferencias sobre o exilio.

É unha mostra itinerante que visitará os concellos de O Grove, Gondomar, A Guarda, Redondela e Poio.

A inauguración terá lugar o xoves día 25 de outubro ás 20:00h na Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda e manterase ata o 10 de novembro.

A mostra, composta por 13 paneis, vai percorrendo diferentes fitos históricos do exilio e o espertar da conciencia galega a través dos intelectuais emigrados, fundamentalmente en cidades significativas como Bos Aires e Montevideo. Segundo explicou a comisaria Carmen Carreiro, está estruturada en tres grandes apartados. O primeiro relaciona o exilio coa súa causa inmediata, que é a represión. "Sempre se dixo que Galiza foi submisa co franquismo e iso non é certo, o exilio é unha consecuencia da represión e por tanto unha forma de loita" indicou a comisaria. A este apartado corresponden paneis que explican o por que do exilio como punto de partida da mostra, así como a travesía e a viaxe que implicaba, a través dos barcos e dos portos dos que partían, que xusto despois da guerra eran maioritariamente franceses, xa que as persoas exiliadas en moitas ocasións partían de campos de concentración do país veciño. O segundo apartado corresponde ao que Carmen Carreiro denominou "a xenerosidade de América" e céntrase no nacemento dos centros galegos máis importantes de América e a súa función como lugares de espertar e florecemento da conciencia galega. Sobre esta parte da exposición, a comisaria fixo unha reflexión relacionada cos tempos actuais indicando que "nun momento como o actual no que a sombra da xenofobia percorre Europa temos que ter presente a que nos podemos ver abocadas as persoas en situacións extremas, e é importante ter o corazón e a cabeza solidarios". A terceira parte da mostra corresponde á relación do exilio interior co exilio exterior con especial incidencia "nos programas de radio, na publicación de manifestos e na edición de libros e revistas na diáspora e que serían impensables aquí". Os paneis desta parte recollen fotografías de programas de radio, de xuntanzas e de portadas de libros impulsados pola alianza dos intelectuais exiliados, e procedentes de diferentes campos creativos, como foron Lugrís, Freire, Castelao, Seoane ou Colmeiro.

Como actividades complementarias, na Guarda terán lugar microconferencias a cargo de Mónica Rebolo e Phillip Duncan, que falarán sobre "Sempre en Galiza, a voz dos galegos no Río da Plata" e "Entre Vigo e Asunción: Avelino Rodríguez Elias no Exilio (1936-1958)".

Tamén se proxectará o 9 de novembro ás 20:30h o filme ‘A cicatriz branca' de Margarita Ledo. A propia Margarita Ledo explicaba que "é un filme de xénero, feminista pero que se grava integramente e por primeira vez na diáspora e en lingua galega". O filme foi escollido precisamente para abordar a dimensión feminina e darlle voz ás mulleres da emigración. "Hai moito sobre a emigración contado en masculino pero moi poucas veces se lles dá voz ás mulleres, que en moitos casos emigraron soas, e que sufriron acoso sexual ou tiñan que emigrar vítimas de estigmas sociais como ser filla dun cura" asegurou Margarita Ledo. A cineasta tamén será a encargada da conferencia que complementará a mostra ao seu paso por Poio e que leva por título ‘Recuperar a fala, recuperar a alma" e na que utilizará como fío condutor o seu documentario ‘Apuntamentos para un filme'. Este documentario nacera como un traballo previo e de documentación para a posterior realización de ‘A cicatriz branca' e recolle as conversas coas mulleres da diáspora que compartiron a súa experiencia coa cineasta e que a quixeron relatar para deixar constancia.
 

A Guarda. Sala de exposicións do Centro Cultural. Do 25 de outubro ao 10 de novembro
Xoves 25 de outubro. Inauguración de microconferencias:
- Mónica Rebolo : "Sempre en Galiza, a voz dos galegos no Río da Plata"
- Phillip Duncan: "Entre Vigo e Asunción: Avelino Rodríguez Elias no Exilio (1936-1958")
Venres 9 de novembro: proxección do filme ‘A cicatriz branca' ás 20:30h no Centro Cultural

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones