Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A mostra -Via Lusitana- poderá vistarse até o 28 de agosto na Sala Municipal de Tui

A exposición conta con paneis autoportantes, con pequenos textos en galego, portugués, castelán e inglés, ilustrados con fotografías de gran calidade, cartografía e dous vídeos: un sobre os Camiños de Santiago neste xardín de esencias, e outro sobre natur

A exposición conta con paneis autoportantes, con pequenos textos en galego, portugués, castelán e inglés, ilustrados con fotografías de gran calidade, cartografía e dous vídeos: un sobre os Camiños de Santiago neste xardín de esencias, e outro sobre natur

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Agosto de 2021

Fuente: Concello de Tui

O martes, 13 de xullo, foi inaugurada a exposición “Via Lusitana. O espazo xacobeo no Norte de Portugal e Galicia”. Está organizada pola Xunta de Galicia no marco das actividades do Ano Xacobeo 2021-2022, e conta nesta ocasión coa colaboración do Concello de Tui.

O acto contou coa presenza de representantes do Concello de Tui e de Turismo da Xunta de Galicia.

“Vía Lusitana” realiza, a través de dez capítulos, unha síntese e recompilación do fenómeno histórico xacobeo relacionado co territorio portugués máis setentrional (do Douro cara o norte) e Galicia: o culto ao apóstolo, a historia común, as tradicións, o rico patrimonio histórico-artístico, a variedade gastronómica destas terras, a beleza da paisaxe e a tranquilidade e seguridade da peregrinación nos nosos días.

 O título da exposición busca reforzar a imaxe que o proxecto quere dar dos camiños de Santiago no norte de Portugal e Galicia: un espazo único e ben coidado no noroeste da península ibérica, rico en natureza, patrimonio, gastronomía e cultura. Un espazo xacobeo pleno de beleza, seguro e saudable, no que poder realizar a peregrinación a Compostela en calquera época do ano.

A exposición conta con paneis autoportantes, con pequenos textos en galego, portugués, castelán e inglés, ilustrados con fotografías de gran calidade, cartografía e dous vídeos: un sobre os Camiños de Santiago neste xardín de esencias, e outro sobre natureza e patrimonio.

Poderá visitarse na Sala Municipal de Exposicións até o 28 de agosto.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí