Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A mostra -Viaxando pola historia, cen anos do MASAT- xa se pode visitar na Casa dos Alonso

Os domingos e días festivos a mostra poderá visitarse en horario de mañá.

Os domingos e días festivos a mostra poderá visitarse en horario de mañá.

Fecha: 31 de Julio de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

A exposición "Viaxando pola historia, cen anos do MASAT", conmemorativa do centenario do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega, abriu onte as súas portas cun acto de inauguración no que interviron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a concelleira de Turismo, Monserrat Magallanes, o deputado provincial de Turismo, Santos Hector e o arqueólogo comisario da exposición, Rafael Rodríguez.

Este último foi o encargado de explicar os contidos e o sentido da mostra, na que se amosan parte dos fondos cos que conta o MASAT, máis aló dos xa amosados na súa exposición permanente. "Trátase de sacalos á luz e dalos a coñecer ao público en xeral; de que falemos todos, comezando polas pedras", explicou o arqueólogo, facendo especial fincapé na importancia da labor realizada polas guardesas e guardeses que, durante anos, axudaron co seu traballo a configurar o primeiro museo arqueolóxico de Galicia. E é que o MASAT serviu de impulso para as investigacións acometidas posteriormente noutros xacementos do noroeste da comunidade, a partir das cales contamos con numerosos testemuños da cultura castrexa na nosa terra.

Na última sala da mostra recóllense varias pezas procedentes doutros xacementos da provincia, con mostras senlleiras de cada un deles, "para que comprendamos que o Trega e o MASAT foron moi importantes, e continúan séndoo, para un período cronolóxico e cultural como é a Idade do Ferro e a cultura castrexa no noroeste", recalcou Rodríguez.

Neste mesmo sentido se pronunciou Santos Hector, ao referirse á especial importancia do MASAT, cuxos fondos contan con preto de 40.000 pezas. "Moitos dos que visitan a provincia veñen motivados pola nosa rica historia arqueolóxica e, neste aspecto, o que máis destaca pola súa envergadura é, sen dúbida, o Monte de Santa Trega", aclarou o deputado provincial.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, quixo destacar a necesidade de preservar e potenciar cara ao futuro o legado deixado polos membros da Sociedade Pro-Monte, creadores do hoxe coñecido como MASAT. Este é, segundo o rexedor, "un elemento imprescindible do noso Trega" que neste ano celebra o centenario do seu museo cunha serie de actividades, entre as que Lomba distinguiu esta mostra, coa pretensión de "homenaxear e dar a coñecer unha das nosas institucións máis salientables".

O rexedor municipal agradeceu dun xeito especial o apoio prestado pola Deputación de Pontevedra para a realización desta exposición, que conta co financiamento da institución provincial a través do Plan Concellos 2017, e para a que cedeu un equipo de profesionais encargado da parte técnica, entre os que se atopa Rafael Rodríguez, comisario da exposición e coordinador do catálogo.

A nota musical da xornada viu da man do guardés Avelino Ferreira. Acompañado do seu oboe, foi o encargado de dar comezo á inauguración pasadas as 19 horas, coa interpretación da Cantata no. 156 de Bach. O mesmo músico puxo fin ó acto inaugural interpretando a peza do filme "La Misión", de Ennio Morricone, para dar paso á apertura oficial da exposición ao público.

A mostra "Viaxando pola historia, cen anos do MASAT" divídese en tres bloques temáticos, nos que se amosan a historia do museo, os obxectos das campañas arqueolóxicas levadas a cabo ata o 2016 e a función do Trega como "faro" de coñecemento da Idade de Ferro na nosa provincia. A exposición permanecerá aberta ó público ata o 27 de agosto, de martes a sábado cun horario de mañá de 12 a 14 horas e, xa pola tarde, de 19 a 22 horas. Os domingos e días festivos a mostra poderá visitarse en horario de mañá.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones