Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A música de Uxía reivindica na Guarda a loita pola igualdade dentro da acción -violencia zero- da Deputación de Pontevedra

Máis de 150 persoas ateigaron a Praza do Reló, onde a artista interpretou cinco cancións de enxalzamento da muller e de empoderamento feminino

Máis de 150 persoas ateigaron a Praza do Reló, onde a artista interpretou cinco cancións de enxalzamento da muller e de empoderamento feminino

Fecha: 21 de Julio de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

Máis de 150 persoas ateigaron a Praza do Reló, onde a artista interpretou cinco cancións de enxalzamento da muller e de empoderamento feminino

A deputada Montse Magallanes manifestou que “estamos fartas da desigualdade, da violencia e da discriminación das mulleres”

Máis de 150 persoas ateigaron a Praza do Reló, onde a artista interpretou cinco cancións de enxalzamento da muller e de empoderamento feminino Máis de 150 persoas ateigaron a Praza do Reló, onde a artista interpretou cinco cancións de enxalzamento da muller e de empoderamento feminino

A deputada provincial de Emprego, Montse Magallanes, e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, asistiron á décimo sétima intervención artística do programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” que se celebrou, onte ás 21.00 horas, na Praza do Reló da Guarda. Esta iniciativa da Deputación de Pontevedra ten por obxectivo darlle visibilidade ás violencias machistas, así como dar a coñecer a novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade.

A cantante Uxía, unha das máximas referentes da poesía e da música galegas, foi a encargada deste nova intervención artística titulada O poder da música, que consistiu na interpretación de cinco cancións nas que se enxalzou a figura feminina e a loita polos dereitos das mulleres. Ao canto cheo de forza da artista uníronse as máis de 150 persoas que ateigaron a Praza do Reló que, tanto coa súa voz como con pandeiretas, crearon un ambiente de reivindicación e repulsa contra as violencias machistas.

Máis de 150 persoas ateigaron a Praza do Reló, onde a artista interpretou cinco cancións de enxalzamento da muller e de empoderamento feminino Máis de 150 persoas ateigaron a Praza do Reló, onde a artista interpretou cinco cancións de enxalzamento da muller e de empoderamento feminino

Uxía, con máis de 30 anos de éxitos ás costas, ten doce álbums no mercado, é impulsora de diversos certames de música e é un dos grandes expoñentes das artes galegas. Con esta nova intervención de “Violencia Zero”, a cantante puxo o foco na música como unha forma de expresión e interacción coa morea de xente que acudiu á súa actuación.

Ante os e as asistentes, a deputada provincial de Emprego, Montse Magallanes, quixo resaltar “nun acto tan fermoso coma este que estamos fartas. Fartas da desigualdade, da violencia e da discriminación contra as mulleres”. Pola súa parte, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, quixo agradecer “á Deputación que impulse actos coma este que son, sen dúbida, un bonito canto á igualdade”.

“Mulleres en Acción. Violencia Zero” reúne o traballo de 25 artistas especializadas en ámbitos como a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía ou o graffiti, vinculadas todas elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero. Esta terceira edición, que comezou en novembro do ano pasado, celébrase en 25 concellos da provincia: Vigo, Pontevedra, Cerdedo-Cotobade, Mos, A Lama, Forcarei, As Neves, Lalín, Cambados, Ponteareas, Barro, A Cañiza, Valga, Silleda, Catoira, Gondomar, A Guarda, O Grove, Bueu, Moaña, O Porriño, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Mondariz e o Rosal.

Máis de 150 persoas ateigaron a Praza do Reló, onde a artista interpretou cinco cancións de enxalzamento da muller e de empoderamento feminino

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí