Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A oficina de turismo de Oia comeza o seu servizo estival

Estará aberta de martes a domingo para dar información e asesoramento a visitantes, peregrinos e persoas interesadas nos atractivos turísticos, patrimoniais, culturais e paisaxísticos do concello e a súa contorna

Estará aberta de martes a domingo para dar información e asesoramento a visitantes, peregrinos e persoas interesadas nos atractivos turísticos, patrimoniais, culturais e paisaxísticos do concello e a súa contorna

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Junio de 2022

Fuente: Concello de Oia

A oficina de turismo de Oia, situada no barrio histórico do Arrabal, comezou a súa actividade a pasada fin de semana, para a prestación dos seus servizos durante a tempada de verán. Estará aberta de martes a domingo para dar información e asesoramento a visitantes, peregrinos e persoas interesadas nos atractivos turísticos, patrimoniais e paisaxísticos do concello e a súa contorna, así como a oferta cultural e de lecer.

O servizo estará activo desde o domingo 19 de xuño ata o día 18 de setembro e será atendido por una técnica de turismo. O horario de apertura será o seguinte:

-Martes: de 10.00 a 15.00 horas

-De mércores a domingo: de 10.00 a 18.00 horas.

-Luns: día de peche.

En 2022 o Concello de Oia asume o servizo de información turística contando cunha axuda da Deputación de Pontevedra que cubre o 66,75% do custo total da contratación do servizo (5.340 euros concedidos ao abeiro das subvencións destinadas ao financiamento dos custos e dotación de persoal para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo adheridas á Rede de Oficinas de Turismo Info Rías Baixas durante o ano 2022).

Ademais de estar adherida á rede de Oficinas de Turismo Rías Baixas (Deputación de Pontevedra) a oficina oiense conta con certificado Compromiso de Calidade Turística do SICTED, promovido pola Secretaría de Estado de Turismo.

Previsións 2022

Despois de que o ano pasado as cifras de visitantes en Oia mostraran unha tendencia á recuperación do impacto da COVID-19 no sector, este ano as previsións xerais son optimistas no sector turístico.

Na tempada de verán de 2021, un total de 4.846 persoas pasaron pola oficina de turismo de Oia. Estas cifras, acadadas no segundo ano de pandemia de COVID-19, supuxeron un aumento próximo ao 45% sobre os datos do ano anterior, cando se rexistraron un total de 3.348 visitas.

Das 4.846 visitas contabilizadas o pasado ano, 2.850 correspondéronse con turistas e 1.996 con peregrinos. En canto a estes últimos, foron os que rexistraron o incremento máis salientable, posto que duplicaron as cifras acadadas no verán de 2021 (856 peregrinos).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí