Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A OMIX da Guarda impulsa un curso de monitor/a de tempo libre e un obradoiro de galletas para marzo

Darán comezo no mes de marzo: un curso para a obtención do título de monitor/a de tempo libre e un obradoiro de cociña orientado á elaboración de galletas.

Darán comezo no mes de marzo: un curso para a obtención do título de monitor/a de tempo libre e un obradoiro de cociña orientado á elaboración de galletas.

Fecha: 14 de Febrero de 2018

Fuente: Omix A Guarda

A Concellería de Xuventude, a través da Oficina de Información á Xuventude (OMIX) da Guarda, lanza dúas novas propostas de accións formativas e lúdicas que darán comezo no mes de marzo: un curso para a obtención do título de monitor/a de tempo libre e un obradoiro de cociña orientado á elaboración de galletas.

O curso para a obtención do título de monitor/a de tempo libre impartirase as fins de semana dende marzo e incluirá, como novidade, a formación e certificación de manipulador/a de alimentos. As clases teóricas terán lugar no antigo colexio Sinde e durarán ata comezos do mes de xuño, reservando o verán para a realización das prácticas. O custe do curso, homologado pola Xunta de Galicia e con prazas limitadas, será de 175 euros por persoa.

O obradoiro de elaboración caseira de galletas ofrecerá unha opción de cociña creativa e apetitosa para elaborar doces. O taller desenvolverase en tres sesións, previsiblemente, durante os luns do mes de marzo en horario de 19 a 21 h. O prezo da actividade será de 28 euros por persoa, con todo o material necesario incluído.

As persoas interesadas en realizar algunha das accións formativas, poderán ampliar información e formalizar a súa inscrición na OMIX da Guarda, chamando ao 986 614 546, a través do correo electrónico informacion@aguarda.es ou ben na súa páxina de Facebook (@patricia.omixaguarda).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones