Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Plataforma de Afectados CM da Guarda solicita revocación da actual Xunta Rectora e Asamblea Xeal

Por fin, despois de case 5 anos de proceso xudicial xa temos unha sentencia firme por parte do Audiencia Provincial de Pontevedra na que se nos recoñece, ás 29 persoas demandantes, a nosa condición de comuneir@s de pleno dereito.

Por fin, despois de case 5 anos de proceso xudicial xa temos unha sentencia firme por parte do Audiencia Provincial de Pontevedra na que se nos recoñece, ás 29 persoas demandantes, a nosa condición de comuneir@s de pleno dereito.

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Febrero de 2024

Fuente: Redacción

A TOD@S @S VECIÑ@S DA GUARDA

Queremos informar a tod@s @s veciñ@s da Guarda da situación na que se encontra a Comunidade de Montes da Guarda a día 14 de febreiro de 2024:

Por fin, despois de case 5 anos de proceso xudicial xa temos unha sentencia firme por parte do Audiencia Provincial de Pontevedra na que se nos recoñece, ás 29 persoas demandantes, a nosa condición de comuneir@s de pleno dereito.

Esta mesma semana, vimos de enviar unha solicitude urxente á actual Xunta Rectora solicitando a convocatoria dunha Asemblea Xeral Extraordinaria con dous puntos do día: Revocación da actual Xunta Rectora e Elección dunha nova Xunta Rectora.

Esta Asemblea, da que vos manteremos informad@s, débese realizar nun prazo máximo de 60 días.

Informar unha vez máis a tod@s @s veciñ@s, que os máximos responsables desta Comunidade de Montes, e polo tanto da súa xestión, son: Manuel Castro Vicente “Lolo” (Presidente) e Celso Rodríguez Fariñas (Secretario), actual membro da coorporación municipal do Concello da Guarda.

Tamén destacar, que o actual alcalde da Guarda, Roberto Carrero, ao igual que o tenente alcalde, Óscar Alonso Álvarez, constan no Rexistro Provincial de montes como comuneiros.

Lembremos que é reponsabilidade de tod@s @s comuneir@s, representados na Asemblea Xeral, a boa marcha da Comunidade de Montes e o cumprimento das súas obrigacións legais (Artigo 50).

Sen máis, dende esta Plataforma, que xa aglutina a máis de 80 veciñ@s afectad@s, só esperamos por parte da Comunidade da Guarda, e por parte destes representantes públicos, que se faga cumprir esta sentencia xudicial; convocando esta Asemblea Xeral, na que por fin @s veciñ@s da Guarda, poidamos decidir libremente quen vai xestionar o noso monte, e normalizar o seu funcionamento.


O monte é de tod@s. E non pararemos ata que así o sexa.

 

Plataforma de Afectadxs pola Comunidade de Montes en Man Común da Guarda

 

---

En referencia a este comunicado, e contactado por parte de Infomiño.com co Presidente da CM da Guarda, este mesmo confirmou que se vai a convocar dita asemblea no vindeiro mes de marzo, idea que manifestou, xa estaba contemplada ante a súa non continuidade ao fronte da Comunidade de Montes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí