Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A POETA ROSALÍA DE CASTRO PROTAGONISTA NA GUARDA NUNHA SEMANA CON DIFERENTES ACTIVIDADES

O Concello quere conmemorar xunto cos seus veciños e veciñas a data do seu nacemento. Os nenos e nenas dos centros escolares da vila traballan nas iniciativas.

O Concello quere conmemorar xunto cos seus veciños e veciñas a data do seu nacemento. Os nenos e nenas dos centros escolares da vila traballan nas iniciativas.

Fecha: 24 de Febrero de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Aprazada a marcha por Rosalía por motivos meteorolóxicos

A saída dos nenos e nenas dos colexios, a espera de confirmación, será este xoves.

O Concello da Guarda apraza, por motivos meteorolóxicos, a marcha por Rosalía organizada xunto aos centros escolares da vila prevista para o mércores. A espera de confirmación, esta actividade se celebrará o xoves.

Esta iniciativa consiste en que os nenos e nenas participantes sairán dende o seu centro escolar a pé portando un distintivo conmemorativo e se concentraran todos na Praza do Reló. Alí se lerá un manifesto para por en valor a figura de Rosalía de Castro e ademais se cantará a canción do poema "Adios ríos, adios fontes". Por último se lerá un poema conxunto nas voces dos rapaces e rapazas dos distintos colexios.
O obxectivo desta marcha é por en valor a figura de Rosalía no eido dos máis cativos.


 
O Concello da Guarda quere conmemorar, xunto con todos os seus veciños e veciñas da vila, o 179 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Para iso teñen programada a "Semana por Rosalía" que será dende o 22 de febreiro ata o 28.

"Cada día un poema", será a iniciativa que abarque toda a semana. O Concello da Guarda quere que todos os veciños e veciñas da vila colguen cada día, nas súas redes sociais, imaxes, poemas ou datos da biografía de Rosalía de Castro para facer unha pequena homenaxe a súa figura e aprender máis sobre a súa vida.
Nesta iniciativa participarán os diferentes perfiles que o Concello da Guarda ten nas redes sociais.

Ademais durante toda a semana aos usuarios da Biblioteca Municipal se lle agasallará un marcapáxinas conmemorativo de Rosalía de Castro.

O mércores 24 de febreiro terá lugar a "Marcha por Rosalía", na que participarán todos os colexios de educación primaria da Guarda. Nela os participantes sairán dende o seu centro a pé portando un distintivo conmemorativo e se concentraran todos na Praza do Reló. Alí se lerá un manifesto para por en valor a figura de Rosalía de Castro e ademais se cantará a canción do poema "Adios ríos, adios fontes". Por último se lerá un poema conxunto nas voces dos rapaces e rapazas dos distintos colexios.
O obxectivo desta marcha é por en valor a figura de Rosalía no eido dos máis cativos.

O xoves, 25 de febreiro se pintará o "Mural para Rosalía". Coa colaboración dos centros de Educación Secundaria guardeses se fará un mural para que a figura desta gran poeta galega quede latente durante todo o ano na vila da Guarda.

O sábado, 27 de febreiro, haberá actividades tanto para os pequenos coma para os maiores. Así pola mañá haberá unha sesión especial de "Contos Contados". Dentro deste ciclo que se celebra cada mes na Biblioteca Municipal e que ten unha gran afluencia de público, o Concello da Guarda non quería deixar de celebrar o día de Rosalía. Así, este sábado, os nenos escoitaran verbas dos seus poemas e ademais traballarán nun obradoiro sobre a súa figura.

Pola tarde-noite, no Centro Cultural haberá un evento para por en valor tanto a biografía como a obra da nosa autora galega máis recoñecida. O veciño guardés Manuel Cadilla Rey, coñecido como "Maruxo" será o encargado de recitar algún dos seus poemas e grupos coma "Carainas", "Ghaiteiros do Carreiro" e "Tremelique", da Agrupación Cultural Guardesa serán os encargados de pór a música a este acto.
O evento será presentado por Betty Rey e comezará ás 20,30 horas.

O Concello da Guarda quere convidar a todos os veciños e veciñas da Guarda a participar nas diferentes iniciativas programadas e a conmemorar todos xuntos o nacemento de Rosalía de Castro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones