Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Praia da Area Grande de A Guarda será a única do Baixo Miño da rede galega de praias sen fume

A Rede Galega de Praias sen Fume está constituída na actualidade por 46 praias de 27 concellos

A Rede Galega de Praias sen Fume está constituída na actualidade por 46 praias de 27 concellos

Fecha: 05 de Junio de 2017

Fuente: Xunta de Galicia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, entregoulle hoxe ao alcalde de Baiona, Ángel Rodal, o galardón na categoría de ouro da iniciativa Praias sen Fume da Consellería de Sanidade por ter declaradas sen fume todas as praias do seu municipio. O conselleiro destacou que a Rede Galega de Praias sen Fume está constituída na actualidade por 46 praias de 27 concellos, polo que a poboación destes lugares poderá elixir desfrutar do seu tempo de ocio lonxe do fume do tabaco. "Conseguir que nos vindeiros anos todas as praias do noso litoral formen parte da rede é un reto que só acadaremos coa implicación de toda a cidadanía galega", dixo o conselleiro.

Tal e como destacou Almuiña, a rede naceu cun fin educativo e de sensibilización social, e recalcou a importancia da conduta dos adultos ante os máis pequenos, como figuras modélicas que son. Un claro posicionamento negativo ante o tabaco fará que moitos mozos non empecen a fumar, xa que a imitación da conduta dos adultos forma parte dos factores causais do inicio.

"Que a mocidade saiba que o normal é non fumar é un dos obxectivos da rede. Ampliar a delimitación do consumo ás praias, ámbito que non recolle a normativa actual, fainos avanzar e cambiar a percepción social sobre o tabaco, converténdose este entorno da praia en educativo e preventivo", salientou.

Pertencer á rede compromete ao concello a identificar e sinalizar as praias cos materiais idenfiticativos da rede facilitados pola Consellería de Sanidade. Ademais, difundiranse entre a poboación os folletos informativos e de sensibilización e desenvolveranse no concello actividades ou accións encamiñadas a acadar unha sociedade libre do tabaco.

A avaliación dos resultados desta iniciativa pola poboación foi excelente, sendo conscientes que o cambio de actitude da sociedade neste tema é un proceso que necesita tempo para a súa consolidación. Así, máis do 60% da poboación considera a iniciativa boa ou moi boa. O 57% pensa que debería ampliarse a outras praias e o 43,9% a outros espazos ao aire libre.

Praias e concellos
As praias que forman parte da rede son 46, pertencentes a 27 concellos. Na provincia da Coruña: Quenxe, Santa Isabel, do Castelo e da Coviña (Corcubión); Ornanda, Coira, Caveiro, Subigrexa, Cruceiro, Arnela (Porto do Son); da Cruz (Muxía); A Fragata (Ferrol), Bastiagueiro (Oleiros); Barraña (Boiro); Da Concha e Morouzos (Ortigueira); Río Azor (Ribeira); Esteiro e Bares (Mañón); Perbes (Miño); Mourillá (Valdoviño); Chamoso (Cabanas); na provincia de Lugo: Coto (Barreiros), O Torno (Cervo); A Rapadoira (Foz); Caolín e Vidreiro (O Vicedo); Esteiro (Ribadeo); Esteiro (Xove). Por último, na provincia de Pontevedra, Barbeira, Frades, Ribeira, Concheira, A Ladeira e Santa Marta (Baiona); Cesantes centro e Cesantes dereita (Redondela); Praia Fluvial da Calzada (Ponte Caldelas); das Canas e da Madorra (Nigrán); Area Grande (A Guarda); Melide (Cangas); Portocelo (Marín), Area de Bon e Lapamán (Bueu); e Ariño (Vilanova de Arousa).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones