Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

A PRAZA DO RELÓ ACOLLE O DOMINGO 22 A FEIRA DO LIBRO DA GUARDA

O vindeiro domingo, día 22 de maio, a Praza do Reló acollerá a Feira do Libro da Guarda

O vindeiro domingo, día 22 de maio, a Praza do Reló acollerá a Feira do Libro da Guarda

Fecha: 21 de Mayo de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

O vindeiro domingo, día 22 de maio, a Praza do Reló acollerá a Feira do Libro da Guarda. Trátase da 9ª edición dunha iniciativa na que librerías da Guarda e doutros concellos da comarca do Baixo Miño porán á venda os seus libros cun 20% de desconto durante todo o día.

Un dos pratos fortes da xornada correrá ó cargo de Fran Rei, que se encargará de realizar a sesión de contos "OS CONTOS DA BARRIGA VERDE". Esta dará comezo cara ás 12:30 horas e estará baseada en textos de Manuel María, o escritor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas.

Xa pola tarde os visitantes poderán desfrutar, ás 19:30 horas, doutra das actividades destacadas da xornada: o espectáculo "Falar sen cancelas". Nesta actuación os cómicos Pedro Brandariz, Fran Rei e Isabel Risco combinarán monólogos, representacións e diferentes xogos coa palabra e, sobre todo, o humor como protagonistas.

Entre as librarías que acudirán cos seus postos atópanse ATLÁNTICA, LER E CERVANTES da Guarda; MULTINOVAS E IDEAS, do Rosal e Libraida de Gondomar. Ademais tamén haberá un posto de intercambio de libros, tanto de adultos como infantís, no que os asistentes poderán deixar un libro que xa non queiran e levar outro a cambio.

A Feira concluirá ás 21 horas cun sorteo de libros que dará por finalizada unha das citas máis sinaladas do ano para librerías e lectores da Guarda.


PROGRAMA DA FEIRA DO LIBRO:

11.00.- Apertura dos postos das librerías
12.30.-"OS CONTOS DE BARRIGA VERDE": sesión de contos baseada en textos de Manuel María, a cargo de Fran Rei
19.30.- "Falar sen cancelas"
21.00.- Sorteo de libros e Peche da Feira

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí