Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A recuperación do espacio público, eixo das propostas de mobilidade coñecidas pola delegación de concellos da provincia de Pontevedra en Cataluña

Nesta viaxe participao Alcalde e o Concelleiro de Vías e Obras da Guarda

Nesta viaxe participao Alcalde e o Concelleiro de Vías e Obras da Guarda

Fecha: 13 de Noviembre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

Recuperar o espazo público para as persoas e facer cidades e vilas máis "vivibles" reducindo o uso do coche. Este está a ser o eixo das políticas de Mobilidade dos concellos de Granollers, Terrassa e Sabadell visitados hoxe pola delegación da Deputación de Pontevedra e doce concellos da provincia na viaxe de formación organizada pola institución provincial. Os tres municipios cataláns agradeceron a visita pontevedresa e recoñeceron que unha das súas referencias de base para actuar é o ‘modelo Pontevedra', que a día de hoxe tamén se está a implantar nas Rías Baixas, e que cualificaron como "unha filosofía de presente e futuro á que deben tender todos os municipios".

O concello de Granollers foi o primeiro punto de parada da delegación pontevedresa. Alí foron recibidos os alcaldes, alcaldesas, concelleiros e concelleiras e persoal técnico de A Guarda, Cambados, Salceda de Caselas, Silleda, O Grove, Vilaboa, Vilagarcía, Ribadumia, Ponte Caldelas, e Valga. O alcalde Josep Mayoral destacou que para o seu equipo de goberno resultaba "unha honra" que a Deputación tivera escollido Granollers para coñecer o traballo feito, xa que a cidade de Pontevedra sempre foi unha referencia no ámbito da mobilidade. "Nós non somos Pontevedra. De feito copiamos algunhas cousas e a ver se algún día vos gañamos -bromeou-. O certo é que queremos unha cidade na que se poida vivir, falar, relacionarse... Facilitar a interacción social e a relación da cidade e a súa contorna. Queremos recuperar o espazo público e estamos a traballar no noso segundo Plan de Mobilidade", apuntou.

Segundo explicaron o alcalde e os concelleiros de Obras e Mobilidade, Albert Camps e Juanma Segovia, nos últimos anos realizouse un gran esforzo de remodelación do centro histórico, co incremento da extensión da ‘illa' de peóns, e coa mellora integral das zonas de ensanche que rodean ao devandito centro histórico, a segunda coroa urbana, ampliando os espazos verdes urbanos e de paseo e mellorando o deseño, accesibilidade e calidade dos espazos públicos.

Os concelleiros Camps e Segovia, pola súa banda, insistiron moito aos representantes municipais galegos en que debe haber determinación política para aplicar as medidas de recuperación e mellora das vilas: "As pautas políticas da cidade que queremos non se discuten. O modelo de cidade non se discute, e haino que aplicar tecnicamente con solucións solventes", subliñaron.

Terrassa e Sabadell
Pola súa parte, no Concello de Terrassa a delegación pontevedresa realizou dende 2003 un esforzo considerable cara a unha mellora da calidade de vida urbana a través da transformación progresiva do espazo público, á vez que se perseguiu modificar os hábitos de residentes ou persoas usuarias cara a unha mobilidade máis sustentable. O tenente de alcalde Marc Amengol sinalou que Terrassa foi o primeiro concello catalán en ter un Plan de Mobilidade Sustentable en Cataluña, cuestión que agora é obrigatoria pola Generalitat.

Pola súa banda, segundo explicou a directora do Servizo de Mobiliade, Susi López, o cambio a positivo das actuacións comprobouse pola tendencia sostida de transformación cara a modas máis aptas para os desprazamentos de curto percorrido (inferiores a 3 quilómetros), que realiza unha boa parte da poboación. O persoal técnico lembrou que Terrassa dispón dunhas condicións óptimas para desenvolver aínda máis estas potencialidades, grazas á orografía, climatoloxía e densidade urbana, e destacou que o obxectivo é reducir un 12% o uso do coche a curto prazo.

"Fai falta insistir na transformación da rede viaria para que aos poucos vaian gañando proporción aquelas tipoloxías de viario que promocionen os desprazamentos a pé, en bicicleta ou de transporte público, sen esquecer unha rede do vehículo motorizado máis optimizada e eficiente", aseguraron, tendo claro que para conseguir unha distribución do espazo público é preciso facer un maior esforzo para conseguir mellorar as redes de peóns e bicicletas facéndoas máis comprensibles, seguras e cómodas e espazosas.

Finalmente, a xornada rematou coa asistencia da delegación pontevedresa ao relatorio aberto á cidadanía do vicepresidente César Mosquera en Sabadell, onde xunto co concelleiro Demetrio Gómez e o xefe da policía local de Pontevedra, Daniel Macenlle, falou de ‘A cidade para as persoas' despois de varias reunións co persoal técnico municipal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones