Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A rúa Concepción Arenal da Guarda deixa ver a súa nova imaxe

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que xa comezou a colocación do novo pavimento e que xa están separadas as redes de pluviais e fecais, polo que a depuradora quedará liberada das augas de choiva

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que xa comezou a colocación do novo pavimento e que xa están separadas as redes de pluviais e fecais, polo que a depuradora quedará liberada das augas de choiva

Fecha: 16 de Enero de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

A nova imaxe da rúa Concepción Arenal de A Guarda comeza xa a saír á luz. No día de hoxe o departamento de Mobilidade da Deputación comezou a instalar o novo pavimento da superficie peonil, formada por lousas de ecogranit de cor pardo e aceiro cortén. Nos vindeiros días comezarase tamén a colocación das tiras de granito, o que permitirá ver de xeito definitivo a apariencia final da rúa, da praza de Avelino Vicente e da contorna do convento de San Bieito.

Así mesmo, segundo explica o deputado Uxío Benítez, xa finalizou a instalación da nova tubaxe de augas pluviais da que carecía a rúa. Agora, en lugar de mesturar estas coas fecais para o seu posterior traslado á depuradora, as canalizacións están separadas polo que a chuvia verterá directamente ao mar. A depuradora, así, evitará ter que facer o tratamento dun grande volume de líquido que non precisaba de ningún proceso de mellora e, polo tanto, o Concello notará un aforro no funcionamento.

As obras de reforma integral da rúa Concepción Arenal (EP-3401 de acceso ao porto) comezaron o pasado mes de setembro de mans da empresa ‘Obras, Reformas e Saneamentos SL' e segundo as previsións rematarán na primavera, logo de rematar a terceira fase, centrada na zona do convento de San Bieito. Quedará para o último mes a colocación de todo o mobiliario urbano (bancos, papeleiras, pérgolas, bancos corridos de cemento), e tamén a plantación de árbores e acondicionamento das zonas verdes. A titularidade da rúa pasará da Deputación ao Concello unha vez rematada a obra.

Coa actuación búscase recuperar o espazo público para veciñas e veciños deixando claro que a circulación peonil é a principal na estrada pero convivindo tamén co tráfico rodado. Agárdase, de feito, que a Xunta de Galicia se implique no novo acceso ao Porto para que a nova rúa poida acadar todo o seu aproveitamento sen o tráfico pesado, deixando a zona como un espazo de convivencia veciñal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones