Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Ruta Artes e Oficios chega este xoves ao taller da recoñecida pintora Pilar Alonso en Tomiño

Trátase da terceira visita da ruta organizada polo Concello de Tomiño, con moi bo resultado

O punto de encontro será o torreiro de festa de Hospital ás 20.30 horas

Fecha: 09 de Agosto de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

A Ruta Artes e Oficios organizada polo Concello de Tomiño, dentro das actividades artísticas de verán da Aula Antonio Fernández, chega ao seu terceiro destino. Este xoves, 9 de agosto, terá lugar a visita ao estudo da recoñecida pintora Pilar Alonso.  

Precedida polas dúas primeiras visitas levadas a cabo nas pasadas semanas (Lylilla Pobornikova-Nando Álvarez e Antúnez Pousa), esta terceira proposta chega co respaldo do interese espertado este ano e o anterior na poboación de Tomiño e arredores, así coma de persoas que pasan as súas vacacións na zona. Unha media de 15 persoas tiveron ás dúas primeiras saídas, o que constitúe un número moi bo, tendo en conta que se trata da visita a un estudo artístico.

O punto de encontro será o Torreiro de Festas de Hospital ás 20.30 horas. O enlace para google maps é https://goo.gl/maps/474mrEgvpT12 e as coordenadas para GPS: 42.00699917 -8.73161933. A concelleira de Mocidade, Turismo e Patrimonio, Fátima Rodríguez, aconsella inscribirse previamente utilizando a seguinte ligazón da páxina web do Concello de Tomiño: http://tomino.gal/inscricion-de-actividades-de-arte-e-patrimonio/

(1)  Pilar Alonso, artista viguesa afincada en Tomiño, inicia a súa formación na facultade de Belas Artes de Sevilla, e despois de estar pensionada como pintora no Paular de Segovia cursa un posgrao grazas a unha bolsa da Fundación Barrié de la Maza na Städelschule de Frankfurt co artista Per Kirkeby.

Pilar Alonso traballa con diversos materiais a través dos que conta historias baseadas na súa experiencia vital con referencias ao mundo literario e cinematográfico, cunha base moi sólida no estudo da Historia da Arte. Algunhas das súas obras máis representativas son as series ‘La Diva' ou ‘The Cabinet of Cándida Standwick'. En 2012 publica o seu primeiro libro de artista en torno a ‘La Diva'.

Tamén leva a cabo diferentes proxectos de escenografía e intervencións como The Secret Garden (2015) ou El Nautilus (2016), entre outros.

Ao largo da súa traxectoria expón en diferentes galerías e espazos de España e Alemaña como o Kunstraum Bethanien de Berlín, a Fundación Nova Caixa Galicia de Vigo, a Galería Benot de Cádiz, a Galería Barbara von Stechow de Frankfurt am Main , a Galería Ana Vilaseco de A Coruña, a Sala Rivadavia da Deputación de Cádiz, o Museo Cruz Herrera da Línea de la Concepción ou o Castelo de Santa Catalina en Cádiz, entre outros espazos.

A súa obra está representada en coleccións particulares e públicas, como a Fundación Pedro Barrié de la Maza, a Fundación Nova Caixa Galicia ou a da Caja de Segovia.

www.pilaralonso.es

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí