Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A ruta -Petiscos con Arte- centra as actividades desta fin de semana na Guarda

A Guarda acolle unha gran variedade de actividades entre o venres 16 e o domingo 18 de novembro

A Guarda acolle unha gran variedade de actividades entre o venres 16 e o domingo 18 de novembro

Fecha: 17 de Noviembre de 2018

Fuente: Concello da Guarda

A Guarda acolle unha gran variedade de actividades entre o venres 16 e o domingo 18 de novembro, tendo coma eixo principal o inicio da ruta gastronómica «Petiscos con Arte», a presentación dos traballos literarios de Francisco Álvarez «Koki», unha proxección de cinema infantil, un docu-forum ou un mercadiño solidario.

Programación por días
Venres 16 de novembro:

Na xornada do venres día 16 de novembro o Centro Cultural da Guarda acolle a presentación dos últimos traballos literarios do escritor guardés Francisco Álvarez «Koki».
Neste acto de presentación, que terá lugar ás 20:00h no Salón de actos do Centro Cultural, contarase coas intervencións de Ramón Caride, profesor e escritor; Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Antonio Martínez «Cachi», Ilustrador, Elena Baz, Concelleira de Cultura do Concello da Guarda e o autor, Francisco Álvarez «Koki».
Francisco Álvarez «Koki» é un escritor nado na Guarda no 1957 que reside en Nova York, cidade na que funda o colectivo Celso Emilio Ferreiro para amosar a cultura galega a través de diversas actividades.
Neste acto presentará os libros «Un neno na Emigración», «A Memoria das Palabras» e «Vasoiras Barreiro», editados por Edicións Fervenza de Silleda.
Durante esta presentación o ilustrador local Antonio Martínez «Cachi» vai a expor no Centro Cultural os cadros das ilustracións que realizou no libro «Vasoiras Barreiro».

Tamén na xornada deste venres terá inicio unha nova edición da Ruta "Petiscos con Arte", un evento que conxuga a gastronomía e a arte para ofertar aos participantes unha experiencia para os sentidos.
A Ruta "Petiscos con Arte" terá lugar as dúas fins de semana da segunda quincena de novembro, os días 16, 17, 23 e 24 en horario de mañá de 12:00h a 14:00h e tarde 19:00h a 21:30h.
Os 12 establecementos participantes nesta edición ofertarán un petisco ao prezo de 1,50€, elaboracións gastronómicas para todos os gustos con potaxes, "montaditos", tostas, sushi, entre outros.
A Asociación de Mulleres Progresistas da Guarda organiza para este venres a primeira sesión dos Docuforums «Outono en violeta» en horario de 19:00h a 21:30h e que se realizará na Casa dos Alonso a cargo de M. Dolores Ruíz Gestado. Actividade realizada en colaboración co Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra.


Sábado 17 de novembro:
O sábado día 17 de novembro de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 18:00h realizaráse unha xornada de micoloxía en colaboración entre a Asociación medioambiental A Jalleira e a Oficina de Información Xuvenil. Pola mañá será a parte de formación e guía e pola tarde sairase ao monte para a procura de exemplares. As prazas para esta actividade están xa cubertas.

Tamén na xornada deste sábado continúa a Ruta "Petiscos con Arte", un evento que conxuga a gastronomía e a arte para ofertar aos participantes unha experiencia para os sentidos.
A Ruta "Petiscos con Arte" terá lugar as dúas fins de semana da segunda quincena de novembro, os días 16, 17, 23 e 24 en horario de mañá de 12:00h a 14:00h e tarde 19:00h a 21:30h.
Os 12 establecementos participantes nesta edición ofertarán un petisco ao prezo de 1,50€, elaboracións gastronómicas para todos os gustos con potaxes, "montaditos", tostas, sushi, entre outros.


Domingo 18 de novembro:
Na xornada do Domingo a Alameda da Guarda acollerá un mercadiño solidario a cargo do colectivo asistencial Conrazones, que traballa coas familias máis necesitadas da vila.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones