Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Sala de Exposicións Municipal de Tui acolle ata o 10 de xuño obra de Seis artistas de Tomiño, Gondomar e Cangas

A exposición permanecerá aberta ata o sábado 10 de xuño, podendo visitarse de luns a venres de 9 a 15h e de 16 a 21h e os sábados de 9 a 15h.

Presentan cadros en pequeno e gran formato que van dende o costumismo, ao realismo, impresionismo ou pop art

Fecha: 27 de Mayo de 2017

Fuente: Concello de Tui

Diferentes técnicas, estilos e temáticas mestúranse na mostra colectiva de seis artistas que ata o 10 de xuño se pode visitar na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica. O nexo común entre todos eles é a paixón pola pintura que da un plasma no seu propio estilo.

Así presentan estes días a súa obra en Tui os tomiñeses Basilio Calzado de San Salvador de Tebra, Emilio Cabeiras de Santa Mª de Tebra, Luís Oliveira e Libia Domínguez de Goián, o gondomareño afincado en Pinzás Iago Riera, e a canguesa Violeta Vilas.

O realismo pero tamén o abstracto está presente nos cadros de gran formato de Basilio Calzado, nos que empregou diferentes técnicas coma óleo ou pastel ao óleo. Baixo a denominación de art brut presenta os seus cadros en técnica mixta Emilio Cabeiras, o impresionismo domina a obra de Luís Oliveira, e o realismo costumismo de Libia Domínguez. Complétase a mostra co art pop de Iago Riera e as litografías realistas e abstractas de Violeta Vilas.

A exposición permanecerá aberta ata o sábado 10 de xuño, podendo visitarse de luns a venres de 9 a 15h e de 16 a 21h e os sábados de 9 a 15h.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones