Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A SALVO UN PESCADOR QUE CAEU DUNHA PIRAGUA NA GUARDA

Pese a térense mobilizado os servizos de rescate de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, en concreto, o Pesca 1, o home, provisto de chaleco salvavidas, conseguiu saír da auga polos seus propios medios.

Unha ambulancia que participou no operativo preto do Sollás en Camposancos

Fecha: 02 de Mayo de 2015

Fuente: Axega / Infomiño.com

Un home que pescaba a bordo dunha piragua na desembocadura do Río Miño, na Guarda, precipitouse á auga e foi arrastrado pola corrente ata un lugar coñecido como Catanga. Pese a térense mobilizado os servizos de rescate de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, en concreto, o Pesca 1, o home, provisto de chaleco salvavidas, conseguiu saír da auga polos seus propios medios. Xa en terra, asegurou que se atopaba en perfecto estado de saúde e rexeitou a asistencia sanitaria. Ás 11:20 horas de hoxe, un familiar chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. De inmediato, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informaron a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Tamén, solicitaron a colaboración do GES da Guarda, da Garda Civil e dos Bombeiros do Baixo Miño, que descartaron desprazarse en canto os servizos de rescate marítimo confirmaron que o pescador estaba a salvo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones