Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A SESIÓN DE -CONVERSAS COA XUVENTUDE- AFIANZA OS LAZOS ENTRE AS ASOCIACIÓNS DA GUARDA

Os veciños e veciñas da vila teñen que estar orgullosos do movemento asociativo guardés e do peso das entidades da localidade.

Os veciños e veciñas da vila teñen que estar orgullosos do movemento asociativo guardés e do peso das entidades da localidade.

Fecha: 26 de Enero de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Os veciños e veciñas da vila teñen que estar orgullosos do movemento asociativo guardés e do peso das entidades da localidade. Son moitos os voluntarios que a diario traballan para estas asociacións.

O venres celebrouse, na Casa dos Alonsos da Guarda, a última das sesións de "Conversas coa Xuventude" organizadas pola Concellería de Xuventude.
Neste encontro estiveron presentes os representantes das asociacións ConRazones, Avelaíña, San Xerome, Cruz Vermella e Érguete, ademais do alcalde guardés, Antonio Lomba e a Concelleira de Xuventude, Elena Baz.

O nome da sesión era "Solidariedade, diversidade, cooperación... e mocidade" e o que se pretendía era unha posta en común das diferentes asociacións falando dos distintos proxectos que están a levar a cabo, das súas necesidades e da importancia do voluntariado. Obxectivo máis que conseguido.

"Conversas coa xuventude" comezou ás 20,30 horas, e por quendas, os diferentes representantes foron falando das súas asociacións. Ano de creación, proxectos que se están a desenvolver, axudas institucionais e necesidades básicas das mesmas.
A partires de aí os temas que saíron foron, por exemplo, a importancia dos voluntarios. Todos os presentes estiveron de acordo cando se dixo que sen o traballo das persoas voluntarias a maior parte do traballo que fan as asociacións non se podería levar a cabo xa que non chegan as axudas institucionais.

Neste punto estiveron de acordo en que é un "luxo" que nunha vila coma A Guarda, con pouco máis de 10.000 habitantes, haxa tanta cantidade e variedade de asociacións e de tanto peso na localidade pero tamén en toda a comarca do Baixo Miño.

Este encontro, que se alongou ata pasadas as 22,30 horas, foi moi positivo para todos os presentes xa que serviu para afianzar os lazos entre as diferentes asociacións da Guarda.
Esta sesión serviu para que os representantes das asociación se deran conta da importancia de unha posta en común para poder realizar algunha tarefa en conxunto. Esta reunión serviu para que nun futuro se marquen outros encontros.

Esta última sesión de "Conversas coa Xuventude" foi a máis participara. Como en encontros anteriores a reunión terminou coa entrega, por parte do alcalde Antonio Lomba e da Concelleira Elena Baz, de pequenos agasallos aos participantes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones