Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A sétima edición de -No bico un cantar- centrarase na tradición musical da raia

O concerto celebrarase o vindeiro 7 de xuño en Tui e será dirixido por Maximino Zumalave

O concerto celebrarase o vindeiro 7 de xuño en Tui e será dirixido por Maximino Zumalave

Fecha: 07 de Junio de 2019

Fuente: Xunta de Galicia

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, presentaron hoxe en rolda de prensa a nova edición do programa No Bico un Cantar, que nesta sétima edición estará centrada na tradición musical da Raia, que se celebrará o vindeiro 7 de xuño en Tui. Na presentación participaron tamén o director xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, Anxo Lorenzo; o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín; e o coordinador da sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega, Maximino Zumalave.

Carmen Pomar explicou que nesta edición, baixo o título Nenas e nenos cantan na Raia, o proxecto unirá música galega e portuguesa. Neste sentido, convidouse a participar ao alumnado da Academia de Música da Fortaleza de Valença e da Academia de Música José Atalaya de Fafe, ambas do país veciño.

Ademais deles participarán as alumnas e alumnos dos 7 conservatorios profesionais dependentes da Consellería de Educación: Conservatorio Profesional de Música da Coruña, Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño (Ferrol), Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes (Lugo), Conservatorio Profesional de Música de Ourense, Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga (Pontevedra), Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela e Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Teñen tamén confirmada a súa presenza o Conservatorio Elemental de Música da Guarda, a Escola de Música Municipal de Mondariz, o Conservatorio Profesional de Música Reveriano Soutullo e a Escola de Música Municipal Vila do Corpus (ambos de Ponteareas), a Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal, a Escola de Música da Asociación Amigos da Música de Salceda de Caselas, o Conservatorio Profesional de Música de Tui e a Escola de Música Municipal de Tui; e están convidados centros do Porriño e outros de Ponteareas.

O programa musical estará composto por San Campio (de Torres Creo), Veira d'o mar (de Reveriano Soutullo) e Oh rama, oh que linda rama (canción popular portuguesa). Ademais estrearase No rego do prado, creada polo compositor Alexis Rozas Losada para a ocasión, e rematarase, como é habitual, con Maio longo (de José Baldomir). Maximino Zumalave dirixirá o concerto, para o que o compositor Juan Durán realizou os arranxos musicais para coro de nenos. O alumnado, aproximadamente 500 rapazas e rapaces, será o encargado da interpretación vocal, acompañado polos metais de Hércules Brass.

Xornada de convivencia
Ademais do traballo previo de preparación das partituras, independente en cada centro participante, o día do concerto convértese nunha xornada de convivencia entre os participantes de toda Galicia vinculados polo interese común pola música. Ao mesmo tempo, tal e como destacou a conselleira, esta edición será "unha oportunidade para seguir avanzando no entendemento entre os dous lados da Raia e na posta en valor duns trazos culturais comúns que van máis aló dos Estados e que parten da tradición e convivencia de dous pobos ao longo dos séculos". "Pensamos que é moi importante transmitir aos máis novos esta tradición e estes valores", sinalou.

No Bico un Cantar é organizado en colaboración pola consellerías de Educación, Universidade e Formación Profesional e de Cultura e Turismo, polo Consello da Cultura Galega e polo Concello no que se celebra cada ano, neste caso o de Tui. Nas súas seis primeiras edicións o proxecto estivo dedicado a Rosalía de Castro (2013, Santiago de Compostela), Curros Enríquez (2014, Celanova), Ramón Cabanillas (2015, Cambados), aos trobadores medievais (Cangas, 2016), aos poetas mindonienses (Mondoñedo, 2017) e aos alalás (Betanzos, 2018).

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones