Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A técnica medioambiental de Cabo Verde Paula Pina formarase no Concello da Guarda durante tres días

Trátase dunha acción do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, polo que a caboverdiana intercambiará experiencias co persoal técnico local.

Trátase dunha acción do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, polo que a caboverdiana intercambiará experiencias co persoal técnico local.

Fecha: 10 de Octubre de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

O Concello da Guarda recibiu esta mañá á directora de gabinete de Saneamento, Medio Ambiente e Seguridade Urbana da Cámara Municipal de Santa Cruz (Cabo Verde), Paula Pina, que pasará tres días na nosa vila co fin de coñecer o funcionamento de depuradoras, pozos de bombeo, puntos limpos e servizos de saneamento e limpeza, entre outras actividades.

A técnica municipal caboverdiana tivo a oportunidade de visitar esta mañá a Estación Depuradora de Augas Residuais (E.D.A.R) da Guarda, acompañada polo persoal técnico da planta e o concelleiro de Medio Ambiente, Paulino Rodríguez. Mañá fará un percorrido polas instalacións de abastecemento de auga e, xa o mércores, poderá visitar o punto limpo da Guarda e profundar en temas como a limpeza viaria, a recollida de lixo e os sistemas de reciclado.

Porén, non todas as actividades serán de interese puramente profesional, xa que durante as tardes Paula Pina poderá gozar de boa parte do patrimonio cultural e a tradición guardesas. Así, esta tarde Pina visitará a praza de abastos, o porto pesqueiro e coñecerá o labor realizado pola Organización de Palangreiros Guardeses (OR.PA.GU) e a Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia.

Durante a tarde de mañá poderá gozar do Monte Santa Trega e o Castelo de Santa Cruz con visitas guiadas, namentres o mércores tomará o transbordador para achegarse á localidade portuguesa de Caminha.

Vacacións con traballo
A acción enmárcase dentro do programa de cooperación técnica "Vacacións con traballo" do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, polo que Paula Pina e a topógrafa mozambiqueña Ailina de Marta percorrerán durante o mes de outubro distintas localidades galegas nas que intercambiarán experiencias co persoal técnico local.

A través deste programa de cooperación técnica búscase contribuír a reforzar as capacidades dos municipios de países empobrecidos, ao tempo que se pon en valor a multiculturalidade e se sensibiliza fronte as desigualdades Norte-Sur.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones