Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A última das barferencias da tempada 2016/17 e o cinema danse cita este venres na Guarda

Preséntase así un venres apaixoante e con dúas destacadas citas na Guarda

Preséntase así un venres apaixoante e con dúas destacadas citas na Guarda

Fecha: 24 de Marzo de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

O vindeiro venres día 24 de marzo terá lugar a última das barferencias de inverno celebradas na Guarda durante a tempada 2016/17. A investigadora posdoctoral da Universidade de Santiago de Compostela (USC), María Martín Seijo, será a encargada de pechar esta tempada coa quinta e última das charlas programadas.

Esta barferencia estaba prevista para o pasado venres día 17 pero tivo que ser aprazada por motivos de saúde da conferenciante. Finalmente terá lugar este venres no Restaurante O Forte ás 20'30 horas, nun evento no que a Arqueóloga e especialista en arqueobotánica falará cos asistentes sobre "A xestión do bosque e do monte polas comunidades da Idade de Ferro", compartindo así os seus amplos coñecementos da temática sobre a cal versou tamén a súa tese de doutoramento pola que obtivo un Apto Cum Laude e o Premio Extraordinario de Doutoramento. María Martín Seijo ten participado en numerosos proxectos, xestionado e dirixido máis de 30 contratos de investigación e os resultados das súas investigación foron publicadas en revistas nacionais e internacionais. Na barferencia deste venres na Guarda fará un breve percorrido pola Idade do Ferro e a relación destas comunidades co bosque a partir da xestión dos recursos forestais, fundamentalmente da madeira.






Ademais da barferencia, o mesmo día, venres 24 de marzo, tamén hai unha cita co cinema no Centro Cultural da Guarda. Coincidindo co remate da estación que se produciu esta semana, termina tamén a programación de Invernos de Cine coa proxección do filme "El Puente de los Espías" ás 21 horas. Dirixido por Steven Spielberg e protagonizado por Tom Hanks, este filme foi aclamado por crítica e público pola brillantez coa que se conta un feito enmarcado no mundo do espionaxe en plena Guerra Fría.

Preséntase así un venres apaixoante e con dúas destacadas citas na Guarda, ás que dende o Concello convídase a todos os veciños, veciñas e visitantes a asistir e poder desfrutar destas interesantes actividades culturais de balde.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí