Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Universidade de Vigo e o Concello da Guarda colaboran para realizar un proxecto pioneiro de sensibilización sobre grandes incendios forestais

No marco do proxecto europeo FIREPOCTEP, realizaránse tres accións formativas en distintas ubicacións do Concello da Guarda.

No marco do proxecto europeo FIREPOCTEP, realizaránse tres accións formativas en distintas ubicacións do Concello da Guarda.

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Diciembre de 2022

Fuente: Concello da Guarda

A Universidade de Vigo e o Concello da Guarda unen as súas forzas para poñer en marcha FIREPOCTEP, un proxecto de sensibilización e divulgación sobre grandes incencios forestais (GIF), coa realización de tres accións formativas: Fotovoz, Biblioteca Humana e a Feira do Gran Incendio Forestal. Este proxecto europeo, promovido pola Universidade de Vigo para reforzar os sistemas transfronteirizos de prevención e extinción de incendios forestais e mellorar os recursos para a xeración de emprego rural post-Covid-19, está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) no marco do Programa Interreg V A España – Portugal (POCTEP) 2014-2020.

 

A primeira das accións formativas será “Fotovoz. Historia de vida dun Gran Incendio Forestal”, unha exposición participativa sobre incendios forestais na contorna de A Guarda. A inauguración terá lugar o martes 13 de decembro ás 11.00 horas na entrada do edificio do Concello da Guarda e poderase visitar ata o 14 de decembro. O obxectivo desta exposición é plasmar unha realidade comunitaria a través da fotografía e dos relatos das persoas que viviron incendios forestais.

 

A segunda das accións de sensibilización realizarase ese mismo día de 17.00 a 19.30 horas na Biblioteca de A Guarda. A actividade “Biblioteca humana. Testimonios dun gran incendio forestal” pretende crear un espazo no que persoas vencelladas a grandes incendios forestais relaten as súas vivencias, como se fosen libros vivos, e o público asistente faga preguntas, buscando o establecemento dun diálogo participativo.

 

Ao día seguinte, celebrarase a terceira actividade no CEIP Manuel Rodríguez Sinde. O mércores 14 de decembro de 09.00 a 11.00 horas será a “Feira do Gran Incendio Forestal”. O obxectivo é achegar á comunidade educativa e, en concreto ao profesorado e ao alumnado do CEIP, testimonios e materiais para concienciar sobre os lumes e os seus efectos no territorio. O encontro terá tres escenarios diferentes: o rincón do libro (con libros infantís e xuvenís sobre incendios forestais), o rincón do vídeo (con materiais audiovisuais) e o rincón da experiencia (co testimonio de persoas de A Guarda vencelladas aos equipos de extinción de incendios).

 

O proxecto, que está coordinado por María Isabel do Val da Universidade de Vigo, pretende xerar un espazo de diálogo sobre os grandes incendios forestais co que se poderá chegar a conclusións importantes para o territorio. Algunhas destas reflexións xirarán ao redor da importancia de manter a vida nos ámbitos rurais como loita contra o cambio climático e, ao mesmo tempo, contra os incendios forestais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí