Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A veciñanza de Oia poderá comunicar incidencias ao Concello directamente desde o móbil

O servizo tamén responde consultas medioambientais nun prazo máximo de 24 horas

O servizo tamén responde consultas medioambientais nun prazo máximo de 24 horas

Fecha: 27 de Octubre de 2018

Fuente: Concello de Oia

O Concello de Oia vén de dotarse da app Línea Verde, un sistema co que a veciñanza pode comunicar directamente desde o seu teléfono móbil as incidencias e danos no equipamento urbano da localidade.

Esta ferramenta de participación cidadá ofrece un servizo rápido e sinxelo de usar para a cidadanía que, ao mesmo tempo, permite ao Concello coñecer as necesidades que existen no municipio e poder dar unha resposta o máis áxil posible.

Para empregar Línea Verde cómpre descargar a aplicación (gratis) no móbil ou tablet: a través de Google Play para dispositivos con sistema Android ou da APP Store para dispositivos con tecnoloxía iOS.

Funcionamento

Unha vez instalada a aplicación, a persoa usuaria deberá seleccionar o municipio de Oia, elixir "nova incidencia" e indicar que tipo de incidencia é entre as opcións que se presentan. De xeito automático, a aplicación detectará as coordenadas exactas do lugar no que se atopa o problema.

O seguintes pasos consisten en incluír unha fotografía e unha observación sobre a incidencia. Finalmente, o proceso quedará rematado pulsando a opción "enviar".

Unha vez enviada a incidencia, o persoal do Concello recibirá a notificación e comezará os trámites para solucionala. Cada vez que se produza un cambio no estado da incidencia, o cidadán recibirá a correspondente notificación.

Consulta medioambiental con resposta en 24 horas

A través desta aplicación o usuario tamén poderá facer calquera consulta medioambiental e, nun prazo máximo de 24 horas, terá unha resposta por parte dun equipo de expertos.

Ao servizo de Línea Verde tamén pode accederse a través do enderezo web www.lineaverdeoia.es . Ademais da canle de comunicación de incidencias e o servizo de consultas, esta web contén diversa información de tipo medioambiental: guías de boas prácticas, consellos, información propia sobre o municipio, etc.

Outra opción de contacto é o teléfono 902.193.768, en horario de 9.00 a 18.00 horas e cun custo da chamada de 0,07 euros por minuto.

Finalmente, a aplicación Línea Verde inclúe a posibilidade de difundir as comunicacións informativas que emita o propio Concello.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones