Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XI Feira do Libro enche a Praza do Reló con libros, música e actividades lúdicas

As librarías participantes, ledas polo resultado da xornada, venderon preto de 500 exemplares.

As librarías participantes, ledas polo resultado da xornada, venderon preto de 500 exemplares.

Fecha: 23 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

A tradicional Feira do Libro da Guarda pechou o pasado domingo, 20 de maio, a súa undécima edición cun agradable sabor a éxito. As librerías participantes (Atlántica, Ler, Cervantes e Ideas) venderon preto de medio millar de obras -especialmente, novela e literatura infantil e xuvenil- durante a xornada, que comezou ás 11:00 e rematou pasadas ás 20:00 h nunha Praza do Reló en constante movemento.

Centos de persoas achegáronse á feira, non só para mercar libros, senón tamén para participar nas numerosas actividades programadas como complementos á festa literaria. Así, pequenos/as e maiores congregáronse fronte á casa do concello para gozar dos obradoiros infantís dirixidos durante a mañá polo alumnado do curso de monitor/a de tempo libre organizado polo Concello da Guarda. Un bo número de cativos, cativas e tamén adultos animáronse a elaborar marcapáxinas, selos estampables e cadernos personalizados que levaron consigo de lembranza.

O grupo Low Bay Hot Band amenizou o mediodía co seu hot jazz, do que gozou o variado público, namentres xa pola tarde retornaron as actividades familiares coa oferta de xogos de mesa de Brazolinda. Decenas de persoas ocuparon as mesas dispostas da praza para facer uso dos orixinais xogos, todos eles en galego e aptos para crianzas a partir dun ano. A actividade, inicialmente programada para ser celebrada entre as 16:30 e as 18:30 h, estendeuse ata ben entradas as 20:00 h, dado o seu grande éxito entre o público.

Tamén cunha excelente acollida, o grupo Mamá Cabra e a súa música infantil tomaron a praza para ofrecer un concerto ante decenas de asistentes -especialmente, cativos e cativas coas súas familias- que gozaron do espectáculo e mesmo se animaron a bailar.


Ao remate da xornada, realizouse o sorteo de tres lotes de libros, camisetas, obras de María Victoria Moreno e outros agasallos de Mamá cabra e David Regueiro (de Low Bay Hot Band) entre aquelas persoas que tiñan mercado algún libro na Feira.


Boletos premiados:
2222 - Libraría Ideas (recollido)
2401 - Libraría Cervantes (recollido)
2281 - Libraría Ideas (pendente)

A persoa posuidora do boleto número 2281 poderá recoller o seu agasallo no departamento de Cultura do Concello da Guarda entre as 9:00 e as 15:00 horas ao longo desta semana.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones