Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XIV Festa do Peixe Espada pecha a súa edición máis exitosa con 1.500 quilos servidos

A pasada fin de semana, A Guarda acolleu unha das edicións máis exitosas da Festa do Peixe Espada, organizada pola Organización de Palangreiros Guardeses (OR.PA.GU) en colaboración co Concello da vila.

A pasada fin de semana, A Guarda acolleu unha das edicións máis exitosas da Festa do Peixe Espada, organizada pola Organización de Palangreiros Guardeses (OR.PA.GU) en colaboración co Concello da vila.

Fecha: 02 de Agosto de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

A pasada fin de semana, A Guarda acolleu unha das edicións máis exitosas da Festa do Peixe Espada, organizada pola Organización de Palangreiros Guardeses (OR.PA.GU) en colaboración co Concello da vila. Con máis de 1.500 quilos do peixe protagonista servidos, tanto os establecementos hostaleiros participantes como os organizadores coinciden en sinalar a súa satisfacción cos resultados desta décimo cuarta edición da celebración gastronómica.

Durante os tres días de festa, as preto de 3.000 persoas que visitaron a carpa instalada no porto guardés, puideron degustar ata 16 preparacións distintas do peixe espada elaboradas polos restaurantes participantes (Xantar, O Roxo, O Cangrexal e Xeito). Entre os máis populares, amais do tradicional peixe espada á prancha con cachelos, gozaron de boa acollida entre veciños e visitantes novas preparacións como as vieiras ou o fideuá de espada. Estas variedades, cuxos prezos non acenderon de 8 euros, completáronse coa oferta de sobremesas da confeitería Estévez e o posto de produtos gourmet en conserva de OR.PA.GU.

Máis que gastronomía
A celebración arrancou o venres pola tarde, tras o pregón protagonizado polas campionas de Liga do Club de balonmán Mecalia Atlético guardés. As xogadoras aproveitaron a ocasión para amosar o novo equipamento, entre cuxos patrocinadores se atopa OR.PA.GU.

Ao acto inaugural seguíronlle tres xornadas de festa, á que acudiron milleiros de persoas. Mais non só pola oferta gastronómica, senón tamén polas actividades lúdicas e deportivas dirixidas a toda a familia. Así, a tarde e a noite do venres foron amenizadas pola charanga Cantos Somos e o concerto "Tributos Rock&Pop" da Agrupación Musical da Guarda. Durante o sábado, o Coro Fuscalheiro e o grupo de Acordeóns Mascarelhas deron protagonismo á música tradicional, para dar paso a unha noite que rematou na carpa do porto coa música electrónica, da man do DJ Diego Wass.

A xornada gastronómica seguiu acompañada de actuacións o domingo, co grupo de baile e gaitas Do Lusco ó Fusco e A Boalheira. Amais destas, a festa contou con mercado artesanal durante os tres días e outras actividades dirixidas aos máis pequenos: inchables, pintacaras, obradoiros e os cursos de vela ofertados polo Club Alagua. O entorno do porto converteuse durante os tres días nun espazo de diversión e entretemento para maiores e cativos.


II Campionato Galego Inclusivo de Náutico Adaptado

Durante a mañá do sábado celebrouse o IV proba da segunda edición do Campionato Galego Inclusivo de Náutico adaptado, organizado polo Club Náutico Sen Amarras dentro desta XIV Festa do Peixe Espada. A proba contou con 14 equipos participantes, con membros con e sen discapacidade, que tiveron que realizar probas nun percorrido polo porto guardés cun tempo máximo de 4 minutos. Os vencedor neste torneo foi equipo formado por Fabián de Saa e Rocío Penedo, seguidos de Pedro Nunes e Ignacio Martínez, nun segundo posto; e o equipo formado por Mónica Rodríguez e Óscar Gallego, que ocuparon o último lugar do podio.

Os vencedores recibiron os seus trofeos da man do Capitán da Comandancia Naval do Miño, Ignacio Tobarra, o presidente de OR.PA.GU, Joaquín Cadilla, e a concelleira de Turismo e Desenvolvemento Económico, Monserrat Magallanes.

OR.PA.GU quixo agradecer dun xeito especial o apoio prestado polo Concello da Guarda na organización e desenvolvemento desta XIV edición da Festa do Peixe Espada, "a máis exitosa desde que se recuperou a festa" no ano 2016, apuntou a xerente da organización, Juana Parada. Namentres, dende o Concello existe a vontade de continuar impulsando a celebración gastronómica, que ano a ano contribúe ao impulso do turismo na vila, así como á promoción dos seus produtos e o bo facer dos seus hostaleiros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones