Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta aproba o obradoiro dual de emprego Manuel B. Portela VI que beneficiará a 20 desempregados

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que os beneficiarios deste programa recibirán formación con certificado de profesionalidade e un contrato de traballo

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que os beneficiarios deste programa recibirán formación con certificado de profesionalidade e un contrato de traballo

Fecha: 28 de Septiembre de 2019

Fuente: Del. Pontevedra - Xunta de Gal

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou hoxe a resolución, por parte do Consello da Xunta, da convocatoria de axudas dos obradoiros de emprego dirixidas aos concellos, mancomunidades e entidades públicas dependentes que permitirá a realización do obradoiro "Manuel B. Portela VI" do concello da Guarda que permitirá incrementar as oportunidades laborais de 20 desempregados deste municipio a través dun investimento de 336.446 euros.

En total, en Galicia aprobáronse 77 iniciativas cun orzamento de 22,3 M€. Os beneficiarios recibirán formación con certificado de profesionalidade e tamén un contrato de traballo. Na provincia de Pontevedra desenvolveranse 21 iniciativas (15 duais e 6 xuvenís).

Trátase da segunda convocatoria deste programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado participante a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación para o emprego recibida, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa inserción laboral. A duración dos obradoiros duais será de 9 meses.

Ademais, no caso dos obradoiros xuvenís para menores de 30 anos, estes deberán estar inscritos e en situación de beneficiarios no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma. As actividades estarán relacionadas coa titulación ou formación previa que posúan ou para a mellora do seu nivel de competencia profesional. A súa duración será de 6 meses.

Entre os criterios de valoración desta convocatoria destacaron a maior puntuación para os concellos asociados ou resultantes de fusións de dous ou máis municipios, así como para os concellos emprendedores. Tamén se primaron os proxectos que tiveron máis actividades relacionadas coas TIC e coa economía dixital; a relación do proxecto co tecido empresarial do territorio e, nos casos dos obradoiros duais, valorouse o desenvolvemento dun programa de inserción laboral mediante incentivos á contratación laboral durante un mínimo de tres meses a xornada completa.

Os obradoiros de emprego, que comezarán a partir do 30 de setembro deste ano, forman parte da Axenda 20 para o Emprego que inclúe, entre os seus obxectivos, mellorar a formación, capacitación e especialización dos traballadores ao longo da vida laboral como panca de cambio. Permite, ademais, actualizar a formación para o emprego nun contexto de aparición de novas ocupacións e transformación ou desaparición doutras.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones