Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta colabora con 14 librarías para impulsar actividades de promoción do libro e a lectura

O DOG publica a resolución das subvencións destinadas a accións como presentacións, encontros ou obradoiros nos propios establecementos ou a través de internet

A Librería Atlántica da Guarda foi unha das beneficiarias desta liña de axudas.

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Julio de 2021

Fuente: Del. Terr. Xunta en Pontevedra

A Xunta de Galicia apoiará actividades de difusión do libro e a lectura en 14 librarías da Comunidade ao abeiro das axudas convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade no marco do Plan de Reactivación da Cultura posto en marcha para paliar os efectos da crise sanitaria.

 

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das subvencións destinadas a accións como presentacións, encontros, lecturas ou actividades similares levadas a cabo no propio establecemento, así como actos de difusión dos libros e a lectura realizados a través da páxina web e redes sociais da libraría, entre outras accións de difusión. Estas actividades deberán realizarse desde a resolución desta orde ata o 15 de novembro de 2021.

 

En concreto, as librarías apoiadas polo Goberno galego, que recibirán unha achega de 3.000€, son: Libraría Atlántica de A Guarda, Libraría Punto e Coma, Libraría Aira das letras e Libraría Maruxairas, de Allariz; Libraría A carapuchiña feroz de Boiro, Libraría Bahía de Foz, Libraría Nigraponte de Lalín, Libraría El faro de los tres mundos de Lugo, Libraría Pelayo de Monforte de Lemos, Librería CyC SLNE de Ourense, Libraría Cronopios de Pontevedra, Libraría Los colores olvidados e Libraría Numax, de Santiago de Compostela, e Libraría Libros para soñar de Vigo.

 

Axentes culturais indispensables

Esta liña de subvencións está dirixida a apoiar as librarías non só como puntos esenciais na venda e comercialización de libros, senón tamén como axentes culturais e activo indispensable para esta industria. Do mesmo xeito, trátase de espazos fundamentais de mediación e dinamización cultural a través do contacto entre autores e lectores.

 

A estas axudas súmase a contribución que o Goberno galego está a facer de xeito específico ás librarías para o mantemento das distintas Feiras do Libro de Galicia. En colaboración coa Federación de Librarías de Galicia, nestes momentos estase a celebrar a de Rianxo e o calendario está composto por 12 paradas en diferentes cidades e vilas ata agosto. Así mesmo, tamén están en marcha apoios a bibliotecas escolares para fomentar a lectura e este ano a Xunta reforza as súas achegas para a industria editorial con incrementos do 12% en promoción da lectura ou a inclusión de novas partidas para a promoción e comercialización do libro en librerías.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones