Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Xunta compromete unha achega de 40.000 euros ó Concello para a reforma do pavillón da Sangriña

O rexedor e o delegado do club coincidiron en sinalar a urxencia da reforma das instalacións eléctrica, de fontanería e de protección contra incendios no pavillón

O rexedor e o delegado do club coincidiron en sinalar a urxencia da reforma das instalacións eléctrica, de fontanería e de protección contra incendios no pavillón

Fecha: 01 de Agosto de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, recibiu esta mañá no pavillón da Sangriña á directora xeral de Administración Local, Marta Fernández, e ao delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra, José Manuel Cores, co fin de darlles a coñecer as necesidades de reforma e mellora máis urxentes nas instalacións deportivas.

No encontro, ao que tamén asistiron concelleiros e un representante da directiva do Club de balonmán Mecalia Atlético Guardés, o rexedor e o delegado do club coincidiron en sinalar a urxencia da reforma das instalacións eléctrica, de fontanería e de protección contra incendios no pavillón, obras cuxo custo ascende a preto de 90.000 euros.

Tras coñecer as necesidades das instalacións que o Atlético guardés utiliza habitualmente nos seus encontros e adestramentos, os representantes da Xunta comprometéronse a asinar co Concello un convenio cunha achega de 40.000 euros, destinada ás mencionadas obras de reforma urxente. Marta Fernández destacou ao respecto o seu compromiso con este proxecto, que contribuirá a "mellorar a imaxe do deporte guardés e galego".

Antonio Lomba, pola súa parte, quixo agradecer á implicación da Xunta no emprendemento destas melloras, das que resultaran beneficiadas especialmente ás campionas de Liga do Atlético Guardés e que, no momento de encontro, se atopaban realizando os seus adestramentos no pavillón.

Amais do convenio acordado durante esta mañá, a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte xa comprometeu co Concello unha achega de 50.000 euros vía convenio, que será destinada á reforma do vestiario do pavillón.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí