Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta de Goberno da Deputación aproba a contratación da consolidación e restauración de Santa Trega

Con esta adxudicación o goberno de Carmela Silva segue dando pasos na posta en valor dos xacementos da provincia

Con esta adxudicación o goberno de Carmela Silva segue dando pasos na posta en valor dos xacementos da provincia

Fecha: 30 de Octubre de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación da contratación, por procedemento aberto, do servizo de consolidación e restauración do xacemento arqueolóxico de Santa Trega, no barrio Mergelina, na Guarda.

Trátase dun dos sectores máis coñecidos do castro do concello da Guarda, no lado da desembocadura do río Miño, e que xa foi recentemente escavado no marco do protocolo asinado entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento para a posta en valor dos xacementos da provincia de Pontevedra. Con este contrato poderanse realizar obras que permitirán consolidar todos os achados de estruturas e pezas neste castro e garantir que este proxecto se poida seguir completando dentro dos prazos previstos.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, lembrou "a importancia do que aconteceu durante as escavacións en Santa Trega, que se realizaron nunha área de 2.000 m2". Santa Trega está "considerada como a primeira cidade", a maior aglomeración de persoas en toda a provincia, antes que en Lugo, Braga ou Astorga na época romana. "Ata antes destes traballos pensábase que o castro estivera ocupado entre o século I a.C. ata o I d.C., pero as probas de Carbono 14 realizadas agora veñen a confirmar que a ocupación se iniciou antes do século IV a.C., incluso vestixios indican que puido ter lugar no século VIII a.C.", sinalou a Presidenta.

Así, atendendo aos diferentes criterios establecidos para a avaliación das propostas presentadas, finalmente foi UTE Consalpa - Terra Arqueos a adxudicataria do contrato de consolidación. O contrato terá un valor de 367.719,00 euros e a duración será de nove meses.
 
A Xunta de Goberno da Deputación aproba a contratación da consolidación e restauración de Santa Trega
 
A Xunta de Goberno da Deputación aproba a contratación da consolidación e restauración de Santa Trega
 
A Xunta de Goberno da Deputación aproba a contratación da consolidación e restauración de Santa Trega
 
A Xunta de Goberno da Deputación aproba a contratación da consolidación e restauración de Santa Trega
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones