Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta Directiva da Sociedade Pro-Monte reúnese para considerar a posible disolución da institución

O pasado xoves celebrouse no salón de plenos do Concello da Guarda unha Xunta Extraordinaria cun único punto na orde do día relativo á disolución da Sociedade

O pasado xoves celebrouse no salón de plenos do Concello da Guarda unha Xunta Extraordinaria cun único punto na orde do día relativo á disolución da Sociedade

Fecha: 16 de Agosto de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

O pasado xoves celebrouse no salón de plenos do Concello da Guarda unha Xunta Extraordinaria da Directiva da Sociedade Pro-Monte Santa Trega, cun único punto na orde do día relativo á disolución da Sociedade. Asistiron á convocatoria os membros da última directiva elixida no ano 1979: o tesoreiro Manuel Martín Goyás, os vogais Florentina Andrés Álvarez e Miguel Sobrino Blanco, e o presidente en funcións, Antonio Martínez Vicente.

O secretario Jesús Alonso Álvarez, pola súa parte, escusou a súa ausencia por ter sufrido un accidente doméstico, segundo explicou o presidente. Amais dos membros da directiva, estiveron presentes no acto o alcalde da Guarda, como testemuña, e o historiador Joaquín Miguel Villa Álvarez, en calidade de asesor.

Cuestións sobre a disolución dunha Sociedade centenaria
A necesidade da Xunta Extraordinaria viña dada, segundo expuxo o presidente en funcións, pola "irregular" situación da Sociedade, que a pesar de non ter presentado actividade durante máis de 38 anos, nunca chegou a disolverse. Deste xeito, a institución conserva a súa personalidade xurídica, cun patrimonio material ao seu nome e a presidencia do Padroado do Hospital-Casa-Asilo da Guarda (propietario do edificio do actual Centro Cultural), cargo que ostenta o presidente da Sociedade Pro-Monte.

Antes de dar a palabra aos membros da Directiva, Antonio Martínez quixo facer constar a súa vontade de dar á institución un "epílogo honroso, á altura do prestixio da institución, dos seus fundadores e de as persoas que a dirixiron durante tantos anos" toda vez que os fins para os que foi creada xa se tiñan logrado. Neste sentido, e seguindo o establecido no artigo 34 dos seus Estatutos, propuxo como mellor e única maneira de garantir a conservación do legado da Pro-Monte a cesión en depósito de todos os bens ao Concello guardés.

Nesta mesma liña pronunciouse a vogal Florentina Andrés, ao considerar que o Concello sería a institución máis axeitada para xestionar o patrimonio en caso de disolución, mais insistiu na súa vontade de dar a coñecer as pretensións da Xunta Directiva ao pobo da Guarda, a fin de que o proceso de disolución se levase a cabo con transparencia e publicidade.

En liñas xerais, Manuel Martín manifestou o seu desexo de chegar a unha solución pronta e sinxela que poña fin á actual situación da Sociedade. Así, o tesoreiro manifestou a súa intención de apoiar a disolución, sempre que esta sexa a mellor opción para a institución e para o mantemento dos seus bens. Pola súa parte, o vogal Miguel Sobrino defendeu a posibilidade de "reavivar" a Sociedade, de xeito que outras saídas distintas á disolución deberían ser contempladas.

A fin de tomar unha decisión sobre o destino da Sociedade Pro-Monte Santa Trega e o seu patrimonio, os membros da Directiva acordaron continuar coa Xunta Extraordinaria o próximo luns 21 de agosto nas instalacións do Concello da Guarda, onde se votará a proposta de disolución exposta polo seu presidente, Antonio Martínez Vicente.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones