Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA E O CONCELLO DE OIA COLABORARÁN PARA ADAPTAR O PXOM EN TRÁMITE Á NOVA LEI DO SOLO

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, reuniuse coa alcaldesa da localidade, Cristina Correa

Trátase do segundo encontro co actual goberno municipal de Oia co fin de prestar colaboración técnica na redacción do novo PXOM, que conta cunha achega por parte da Xunta de preto de 130.000 euros

Fecha: 24 de Marzo de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas recibiu á alcaldesa de Oia, Cristina Correa Pombal, co fin de tratar a adaptación do PXOM en trámite á nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia.

A alcaldesa trasladou a decisión municipal de non someter o PXOM á consideración do pleno para a súa aprobación inicial antes da entrada en vigor, o pasado día 19 de marzo, da nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia, o que se traduce en que retomarán o traballo feito ata o momento, corrixindo os erros detectados e dándolle un novo impulso para que sexa unha realidade durante o actual mandato municipal.

A secretaria xeral, Encarnación Rivas, comunicou que a nova lei 2/2016 do Solo de Galicia, simplifica e axiliza a tramitación dos novos PXOMs ao unificar o procedemento urbanístico co ambiental, e ao reducir de 2 meses a un o prazo do que dispón o Instituto de Estudos do Territorio para facilitar a documentación que soliciten os concellos para redactar o PXOM.

Rivas Díaz, tamén destacou que agora o informe previo á aprobación inicial que emite a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo convértese nunha consulta máis dentro da fase tramitación ambiental, o que axiliza considerablemente os tempos ao concentrar as dúas vías que antes discorrían paralelas (ambiental e urbanística) nun único procedemento.

A Xunta de Galicia destaca o apoio técnico e económico a este documento que planificará o desenvolvemento do concello do Baixo Miño, para o cal concedeu axudas por importe de preto de 130.000 euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones