Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA FAI ENTREGA DE 41 REMOLQUES DE EMERXENCIAS PARA AGRUPACIÓNS DE PROTECCIÓN CIVIL DAS CATRO PROVINCIAS GALEGAS

A AVPV de A Guarda recibirá un destes remolques

A AVPV de A Guarda recibirá un destes remolques

Fecha: 10 de Septiembre de 2015

Fuente: Infomiño.com


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda fixo entrega hoxe na sede da Academia Galega de Seguridade Pública dun total de 41 remolques de emerxencias para as Agrupacións de Protección Civil de varios concellos galegos das catro provincias.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda resaltou a importancia de que os concellos galegos poidan dispoñer de máis medios que acheguen seguridade á cidadanía, polo que a Xunta facilita así aos concellos galegos novos equipamentos para as emerxencias,tan necesarios para garantir a prevención de riscos, dotándoos dun importante equipamento de emerxencias, tanto en cantidade como en calidade, que posibilitará que os concellos galegos sigan a prestar a súa importante labor en favor dos seus veciños, cuns estándares de calidade cada día mellores.

Mediante a Orde do 28 de xaneiro de 2015, para a adxudicación de equipamentos de emerxencia, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, no marco de Programa Operativo Feder-Galicia 2007-2013, otorgáronse 41 remolques para atención ás emerxencias, e proximamente fará entrega de vehículos todo terreo tipo pick-up, vehículos furgóns para transporte e loxística, embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate; esparexedores de sal adaptados a remolques ou vehículos todoterreo e remolques con carpa presurizadas para Posto de Mando Avanzado (en adiante PMA), cun orzamento total que supera os 4 millóns de euros.

Distribución de remolques de emerxencias
Desta volta foron entregados 18 remolques para concellos da provincia de A Coruña, Boqueixón, Cabana de Bergantiños, Cambre, Cedeira, Cerceda, Coristanco, Fisterra, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Muros, Ponteceso, Pontedeume, Rois, Teo, Val do Dubra, Valdoviño, Vedra, Vimianzo,

Para a provincia de Lugo, foron 6 os concellos que recibiron remolque, Burela, A Fonsagrada, Guitiriz, O Incio, Pol, Ribas de Sil. Na provincia de Ourense correspondéronlle a 11 concellos, Amoeiro, Avión, O Barco de Valdeorras, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Gomesende, Larouco, Lobios, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, Vilariño de Conso
E na provincia de Pontevedra recibiron o novo equipamento para as emerxencias, os concellos de Bueu, Cerdedo, O Grove, A Guarda, Moraña, Pontecesures.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones