Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Xunta inicia a obra de mellora do firme da estrada PO-352, ao seu paso polo concello da Guarda, coa fin de incrementar a seguridade viaria

Este paquete de obras foi adxudicado á empresa Taboada y Ramos por un importe de máis de 400.000 euros e ten un prazo de execución de tres meses

Nesta vía actuarase na totalidade da estrada, de 4,35 quilómetros de lonxitude, entre o punto quilométrico 1+680 ao 6+030. Ademais das reparacións puntuais, previse a extensión dunha nova capa de rodadura en toda a sección entre o PQ 0 e o 1+000, concreta

Fecha: 26 de Noviembre de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de iniciar as obras de mellora do firme na estrada PO-352 (A Guarda-Camposancos) ao seu paso polo Concello da Guarda, onde se invisten máis de 88.000 euros. Estas actuacións están enmarcadas nun contrato máis amplo no que tamén se inclúen actuacións de rehabilitación do firme nas estradas PO-553, na Ponte de Goián, no Concello de Tomiño, ou na PO-552, nos municipios de Tomiño e Tui.

Na estrada PO-352 actuarase na totalidade da estrada, de 4,35 quilómetros de lonxitude, entre o punto quilométrico 1+680 ao 6+030. Ademais das reparacións puntuais, previse a extensión dunha nova capa de rodadura en toda a sección entre, concretamente, na travesía de Perillo.

Esta obra inclúese nun paquete de reforzos de firme foi adxudicado á empresa Taboada y Ramos por un importe de máis de 400.000 euros e conta cun prazo de execución de tres meses.

Os traballos proxectados no citado contrato comezaron na estrada PO-552, onde se actuou no treito comprendido entre os puntos quilométricos 59+300, preto da Tarrasteira, e 71+070, en Areas, nos municipios de Tomiño e Tui. Unha vez rematadas as melloras nesta vía comezaron os traballos na PO-352 e seguirán por último na PO-553.

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí