Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Xunta mellora o equipamento do GES da Guarda cun novo vehículo no marco do proxecto de cooperación transfronteiriza ariem+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega dun camión tipo Bomba Ligera (BRL) ao Grupo Supramunicipal de Emerxencias

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega dun camión tipo Bomba Ligera (BRL) ao Grupo Supramunicipal de Emerxencias

Fecha: 13 de Diciembre de 2019

Fuente: Xunta de Galicia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, entregou hoxe un camión tipo Bomba Rural Ligera (BRL) ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do concello da Guarda co que reforzar o seu equipamento para mellorar a eficacia ante calquera intervención.

Á entrega tamén acudiu o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

Este vehículo de primeira saída completamente equipado está valorado en máis de 213.000 euros e dispón dun motor de 280 CV e tracción total 4x4. Tamén conta cunha bomba de impulsión de alta e baixa presión cun depósito de 2.000 litros de auga e de armarios nos que albergar o material necesario para facer unha primeira intervención na extinción de lumes. Ademais, os seus oito focos LED e un mástil de iluminación permiten realizar intervencións en situacións de pouca luminosidade.

A Xunta segue así coa súa folla de ruta para dotar aos servizos de emerxencias de máis equipamento. Así, Alfonso Rueda xa fixo entrega esta semana ao abeiro do ARIEM+ doutro camión tipo Bomba Rural Ligera ao GES de Lobios. Ambas adquisicións enmárcanse no proxecto de Asistencia Recíproca Interrexional en Emerxencias e Riscos Transfronteirizos ARIEM+, unha iniciativa de colaboración que lidera a Xunta co obxectivo de xestionar de forma conxunta os recursos para mellorar a atención e a coordinación das emerxencias nas zonas limítrofes con Portugal.

O Goberno galego coopera con Castela e León e Portugal neste proxecto en materia de emerxencias e riscos transfronteirizos, en torno á prevención e xestión de riscos naturais relacionados co clima e as actividades humanas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí