Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA PROMOVE A DIVERSIFICACIÓN DO TRABALLO DAS REDEIRAS DA GUARDA CON INICIATIVAS DE FORMACIÓN

Con este obxectivo, estanse a celebrar seis cursos organizados pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño tanto na Asociación de redeiras Atalaia da Guarda como en Corme.

A iniciativa forma parte das novas actividades formativas impulsadas en colaboración pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Consellería do Mar

Fecha: 30 de Noviembre de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo, visitaron hoxe na Guarda o curso de formación para redeiras que está a impartir a artesá especializada en bixutería Alicia González. A iniciativa forma parte das novas actividades formativas impulsadas en colaboración pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Consellería do Mar coas que se sigue afondando na promoción da diversificación profesional das redeiras artesás de Galicia.

Con este obxectivo, estanse a celebrar seis cursos organizados pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño tanto na Asociación de redeiras Atalaia da Guarda como en Corme. As accións formativas céntranse no deseño de produtos específicos e na mellora da elaboración de complementos e presentación dos produtos co obxectivo de mellorar a comercialización dos produtos elaborados polas redeiras artesás de Galicia.

Onte e hoxe celébrase na Guarda o curso de "Técnicas de enfiado para redeiras", que xa se celebrou a semana pasada na Asociación de redeiras Illa da Estrela na localidade de Corme. O obxectivo deste curso é a mellora da calidade, o aprendizaxe de novas técnicas e a elaboración de novos produtos de bixutería.

O fotógrafo alemán residente en Lugo Peter Schneider, impartirá o curso "Fotografía aplicada á artesanía" en Corme os días 12 e 13 de decembro, e a continuación na Guarda os días 18 e 19. Búscase nesta actividade a adquisición de coñecementos e técnica que permitan realizar fotografías de calidade das pezas que elaboran as redeiras e a súa posta en valor a través de publicacións en webs e redes sociais ou comercio online.

A deseñadora galega Montserrat Álvarez, directora do estudio de deseño de Ronan e Erwan Bouroullec de París, impartirá entre o 3 e o 30 de decembro na Guarda o curso "Deseño e produción de novos produtos de bixutería para redeiras" onde a través das técnicas e das súas posibilidades de traballo elaborarán unha nova liña de bixutería con novos materiais e que permitirán ampliar o mercado das profesionais deste sector da artesanía galega.

Na localidade coruñesa de Corme, a deseñadora de moda Rosalía Castro impartirá o curso "Deseño e produción de novos complementos de moda para redeiras" co fin de achegarlles novas técnicas que potencien novos produtos de complementos vinculados ás tendencias e a moda actual.

A formación e á colaboración entre artesanía e outras áreas de traballo forma parte da estratexia da Consellería de Economía, Emprego e Industria para promover o talento do sector artesanal galego e consolidar un sector competitivo e transversal, un dos grandes retos do Plan de Artesanía de Galicia 2014-2016.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones