Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta redacta un proxecto de mellora do colector de saneamento do Rosal e A Guarda

O Concello da Guarda puxo en coñecemento de Augas de Galicia a problemática causada polas verteduras do colector hai preto dunha década.

O Concello da Guarda puxo en coñecemento de Augas de Galicia a problemática causada polas verteduras do colector hai preto dunha década.

Fecha: 04 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

A Consellería de Medioambiente da Xunta de Galicia está a traballar, á instancia do Concello da Guarda, na elaboración dun proxecto de mellora do colector de saneamento dos municipios da Guarda e O Rosal.

O proxecto buscará resolver as verteduras que se producen a través das tapas dos pozos destas instalacións dende hai preto dunha década, afectando principalmente ás inmediacións do Cámping Santa Tecla, e pola que a veciñanza e o Concello dirixíronse en numerosas ocasións á institución autonómica, titular deste colector supranacional. As súas instalacións transcorren dende o límite dos dous municipios baixomiñotos, dos que recolle as augas residuais, ata a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Guarda.

Segundo explica o concelleiro de Vías e Obras do Concello da Guarda, Miguel A. Español, son varias as causas que contribúen a que se produzan estes vertidos. Por un lado, sinala «a cantidade de augas pluviais que se introducen no colector, sobre todo procedentes do concello do Rosal», ao que se engade «a pouca pendente en determinados tramos, o que produce o depósito de areas que reducen a súa sección». Esa mesma area, engade o edil, «deposítase nos pozos de bombeo, producindo un desgaste das bombas e, por conseguinte, un bombeo deficiente».

Nesta liña, Español destaca que o Concello da Guarda está traballando na separación de augas pluviais e fecais e a substitución de bombas, así como na realización de limpezas puntuais do colector e outras accións encamiñadas a mellorar o servizo de saneamento municipal. Por isto, o Goberno municipal desexa aclarar que, a pesar de que os vertidos prodúcense no termo municipal da Guarda, o colector foi instalado pola Xunta de Galicia e corresponde á devandita institución velar polo seu corrector funcionamento.

O Concello da Guarda, dentro das súas competencias, informou a Augas de Galicia das verteduras do colector e esixiu unha pronta solución, que nestes intres se atopa en estudo. «Esperemos que este proxecto sexa unha realidade que contribúa a solucionar este grave problema que todos e todas queremos ver erradicado», sentenza o edil.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones