Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Abel Caballero, Carlos Mouriño e Antonio Lomba inauguran a rúa Vigo e rúa do Celta

Antonio Lomba asegurou que o nomeamento da nova rúa resolve unha débeda pendente co veciño vigués

Antonio Lomba asegurou que o nomeamento da nova rúa resolve unha débeda pendente co veciño vigués

Fecha: 16 de Agosto de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

O alcalde do Concello de Vigo, Abel Caballero, e o rexedor guardés, Antonio Lomba, foron os encargados de descubrir a placa da nova rúa Vigo que, dende o pasado venres, substitúe á Primeira e Segunda Transversal Bechos. A eles se uniu o presidente do Real Club Celta de Vigo, Carlos Mouriño, para a inauguración da rúa do Celta, na que ata este venres era a Terceira Transversal Bechos.

Tamén estiveron presentes no acto o presidente da Peña Celtista do Baixo Miño, José Carlos Rodríguez, o concelleiro de Deportes vigués, Manel Fernández, o primeiro tenente de alcalde da Guarda, Miguel Español, e outros membros da corporación local. Sumáronse, tras as inauguracións, os xogadores do Celta Sergio Álvarez e Nemanja Radoja, e o ex-xogador e actual delegado de campo do club, Vladimir Gudelj, que saudaron aos afeccionados e atenderon as demandas de autógrafos e fotografías.

Novos nomes no rueiro guardés
O son da gaita e o baile tradicional acompañaron o acto de inauguración, que comezou pasadas as 11.30 horas na intersección da nova rúa Vigo con rúa Galicia. Antes de descubrir a placa, o alcalde vigués quixo agradecer o "xesto de amizade" por parte da vila guardesa, da que confesou sentirse moi próximo. "Un dos meus primeiros recordo é aquí, na praia, cos meus país intentando que me metera na auga", confesou Caballero, ao explicar que, cando era un neno, esta era a localidade escollida pola súa familia para pasar o verán.

Referíndose ao estreito vínculo que une a ambas localidades, Antonio Lomba asegurou que o nomeamento da nova rúa resolve unha débeda pendente co veciño vigués. "A Guarda é a nosa vila, pero Vigo é a nosa cidade", afirmou o rexedor local.

Descuberta a placa da rúa Vigo, o acto trasladouse á nova Rúa do Celta, onde se sumou o presidente do club vigués, Carlos Mouriño, para agradecer a homenaxe. "É un orgullo, unha satisfacción e un compromiso, que nos obriga a estar máis pendentes de todo o que pasa ao noso redor e coa nosa afección" referiu o presidente, para sentenciar que "o Celta non leva só o nome de Vigo", senón tamén o de moitas outras localidades que, como a guardesa, contan cunha afección "grande e ruidosa", engadiu Antonio Lomba.

O ex-xogador Vladimir Gudelj e os xogadores do club, Sergio Álvarez e Nemanja Radoja, uníronse á celebración unha vez remataron os seus compromisos deportivos, para atender a afección. Decenas de persoas agardaban na nova rúa do Celta con balóns e camisetas celestes para poder facerse cun autógrafo dos futbolistas, que cumpriron de boa gana as demandas de pequenos e maiores.

Namentres, Carlos Mouriño aproveitou para coñecer a exposición "Arte do adentro" do colectivo SOMOSARTE, que estes días se expón no Centro Cultural da Guarda, en horario de 10 a 13 horas e de 19 a 22 horas ata o próximo martes 15 de agosto.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones